Saltar ao contido

US Triestina Hockey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
US Triestina Hockey
CidadeTrieste, Italia Italia
Historia1922-1990
Fundado1922
Títulos
Scudetti19 (1925-29, 1937-42, 1945, 1952, 1954, 1955, 1962-64, 1967)
Cores          Vermello e branco

A Unione Sportiva Triestina Hockey é unha sección de hóckey a patíns da Unione Sportiva Triestina, club fundado en 1922 adicado á práctica do fútbol, patinaxe, hóckey a patíns, hóckey herba, ximnasia e atletismo. É, despois do Hockey Novara, o equipo con máis campionatos de liga italianos de hóckey a patíns, sendo o máximo dominador da modalidade en Italia na primeira metade do século XX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en 1922 e en 1925 conquista a súa primeira Liga italiana de hóckey a patíns, revalidando de xeito consecutivo o título os anos 1926, 1927, 1928 e 1929.

Posteriormente, de 1934 a 1942, seguiu disputando o campionato italiano, mais baixo a denominación de Dopolavoro Pubblico Impiego di Trieste, atinxindo 6 títulos de liga consecutivos entre os anos 1937 e 1942, racha truncada pola non disputa do campionato por mor da segunda guerra mundial os anos 1943 e 1944. En 1945, co retorno da competición, o equipo adopta novamente a denominación de Unione Sportiva Triestina Hockey, acadando un novo título de liga.

Conseguiu novamente a liga os anos 1952, 1954 e 1955, mais posteriormente, entre 1962 e 1964 acadou tres títulos de liga de xeito consecutivo.

En 1967 gaña a súa última liga italiana ata o momento, a número 19. A tempada seguinte, a 1967-68 disputa a final da Copa de Europa, na que caeu ante o Reus Deportiu catalán.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • 19 Ligas italianas: 1925, 1926, 1927, 1928, 1929, 1937, 1938, 1939, 1940, 1941, 1942, 1945, 1952, 1954, 1955, 1962, 1963, 1964 e 1967.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]