Tyrannosauroidea
Tyrannosauroidea Rango fósil: Xurásico medio – Cretáceo superior | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Albertosaurus | |||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||
Extinto (fósil) | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Familias e xéneros | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
Os Tyrannosauroidea son unha superfamilia de dinosauros terópodos coelosauros, formada pola familia dos Tyrannosauridae e os seus parentes máis basais. Os Tyrannosauroidea viviron no supercontinente de Laurasia a partir do período Xurásico. A finais do Cretáceo xa eran os depredadores de grande envergadura dominantes no hemisferio norte, culminando no xigantesco Tyrannosaurus rex. Atopáronse restos fósiles de Tyrannosauroidea no que hoxe en día son os continentes de América do Norte, Europa, Asia e posiblemente Australia.
Eran carnívoros bípedes, como a maioría de terópodos, e caracterizábanse por numerosos caracteres óseos, especialmente do cranio e a pelve. Ó comezo, eran uns depredadores pequenos dotados duns brazos longos con tres dedos. Os xéneros do Cretáceo superior acadaron unha medida moito máis grande, incluíndo algúns dos meirandes depredadores terrestres que xamais existiron, pero a maioría de xéneros tardíos tiñan brazos relativamente pequenos con só dous dedos.