Tsampa
O tsampa (en tibetano: རྩམ་པ་, en tibetano transliterado: rtsam pa) ou sampa é un alimento básico do Tíbet, particularmente na parte central, así como da rexión do Himalaia en xeral. Adoita consumirse xunto co té con manteiga salgada tibetana (en tibetano: བོད་ཇ་, en tibetano transliterado: bod cha).
Non existen produtos similares en occidente, malia o máis similar coñécese polo nome de gofio e é procedente das Illas Canarias.
Características
[editar | editar a fonte]É unha comida concibida para ser fácil de preparar. Estas elabóranse polos sherpas usando fariña de qingko (orxo das altiplanicies do Himalaia), manteiga (feita con leite de iac) e coa medula dos ósos de bovino e que se adoita consumir como papas. A pasta obtida finalmente adóitase facer con forma de cilindros ou bólas e é consumida cos dedos.
Rituais
[editar | editar a fonte]O tsampa ten un papel importante nos rituais budistas tibetanos durante as festas ou outras celebracións importantes.
Nestes eventos é costume por tradición lanzar tsampa ao aire, que cae sobre os participantes, como signo de boa fortuna (parecido á festa da tomatina en España).
As versións do tsampa con manteiga tamén é usado para realizar tormas, que son figuras simbólicas ofrecidas nos rituais.
Versión moderna
[editar | editar a fonte]A pesar da versión tradicional do Tíbet existen outras versións modernas que non teñen relación co alimento tibetano.
Estes tsampa creáronse por afeccionados á supervivencia que querían un alimento fácil de elaborar, preparar e que fose nutritivo.
Os ingredientes desta nova versión son: os feixóns vermellos, garavanzos, lentellas, millo seco, cachuete natural, mel puro, plátano verde deshidratado, soia en grans e trigo seco. Estes grans e plátanos son posteriormente asados con lume e moídos e despois mestúrase a mestura obtida co mel. Finalmente, dáselles forma de pelotas, non máis grandes que as de golf, e así obteñen un alimento nutritivo e fácil de preparar e elaborar.