Trofeo Antonio Puerta
Nome oficial | Trofeo Antonio Puerta (2007–) ![]() |
---|---|
Tipo | torneo amistoso de fútbol ![]() |
Epónimo | Antonio Puerta ![]() |
Localización e Datas | |
Localización | Sevilla (Provincia de Sevilla) 37°23′19″N 5°59′44″O / 37.3886, -5.9956 ![]() |
País | España ![]() |
Vixencia | 2008 – ![]() |
Competición | |
Primeiro posto | Sevilla FC ![]() |
O Trofeo Antonio Puerta é un torneo anual que organiza o Sevilla FC desde 2008, dedicado á memoria do xogador Antonio Puerta, falecido o 28 de agosto de 2007, tres días despois de caer esborrallado no campo mentres disputaba o primeiro partido de Liga da tempada 2007–08 contra o Getafe CF.[1]
Este trofeo dispútase antes do comezo da tempada, a finais de agosto, e substitúe ao tradicional partido de presentación que disputada o Sevilla FC no seu estadio antes de comezar a tempada.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira edición celebrouse o día 23 de agosto de 2008, cinco días antes do aniversario do falecemento do xogador. Por iso realizáronse unha serie de actos antes do partido: entregóuselle a Aitor Puerta, fillo do xogador, o seu carné de socio e unha camiseta co seu nome; proxectáronse no videomarcador imaxes do xogador; e xusto antes do partido gardouse un minuto de silencio, durante o cal rezouse un Noso Pai, en recordo do propio xogador homenaxeado e das vítimas do Voo 5022 de Spanair, en accidente ocorrido no aeroporto de Barajas en Madrid o 20 de agosto de 2008 e que supuxo a maior traxedia da aviación comercial en España desde 1983,[2] un suceso que conmocionou a toda a sociedade española.
O club elixido para disputar a I edición do Trofeo Antonio Porta foi o Málaga CF, club andaluz contra o que Puerta debutou en Primeira División o 21 de marzo de 2004, e que na tempada 2008-2009 retorna a Primeira División tras dúas tempadas en Segunda División.
O trofeo da I Edición é obra do escultor Roberto Echevarría e o ourive Juan Borrero Campos, encargados do deseño e execución da mesma. É unha peza no medio relevo e en prata de lei que representa o equipamento nervionense coa anatomía de Antonio Puerta e o seu dorsal ás costas. As cores utilizadas son o vermello veludo para o fondo e a prata simbolizando o branco da camiseta sevillista.
O 11 de xuño de 2012 anunciouse que a quinta edición do torneo xogaríase o 8 de agosto entre o Sevilla FC e o Deportivo da Coruña.[3]
Finais
[editar | editar a fonte]Ano | Campión | Subcampión | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | ![]() |
![]() |
2–0 |
2009 | ![]() |
![]() |
2–1 |
2010 | ![]() |
![]() |
1–1 |
2011 | ![]() |
![]() |
5–0 |
2012 | ![]() |
![]() |
2–0 |
2013 | ![]() |
![]() |
1–1 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]Equipo | Títulos | Subcampión | Anos |
![]() |
5 | 1 | 2008, 2009, 2011, 2012, 2013 |
![]() |
1 | 0 | 2010 |
![]() |
0 | 1 | |
![]() |
0 | 1 | |
![]() |
0 | 1 | |
![]() |
0 | 1 | |
![]() |
0 | 1 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Falece Antonio Puerta
- ↑ "153 muertos en el peor siniestro aéreo de los últimos 25 años". El País (en castelán). 2008-08-20. ISSN 1134-6582. Consultado o 2022-03-01.
- ↑ "El Dépor jugará la V edición del Trofeo Antonio Puerta"