Saltar ao contido

Tristfardd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTristfardd
Biografía
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata

Tristfardd foi un bardo do Vello Norte (Hen Ogledd) que se relaciona con Urien Rheged (fl. na segunda metade do século VI?). Sería contemporáneo do bardo Taliesin. Non se conserva nada da súa obra.

Na tríade da compilación Trioedd Ynys Prydain, menciónase como un dos "Tri bardd coch eu gwaywffyn Ynys Prydain", con Dygynnelw e Afan Ferddig:

Tri Gwaywrudd Beirdd Ynys Prydain:
Tristfardd bardd Urien,
A Dygynnelw bardd Owain ab Urien,
Ac Afan Ferddig bardd Cadwallon mab Cadfan.
Tres bardos de lanza vermella da illa de Bretaña:
Tristfardd, bardo de Urien,
e Dygynnelw, bardo de Owain ab Urien,
e Afan Ferddig, bardo de Cadwallon mab Cadfan.

Hai unha historia (tardía na súa forma presente) que fai del un amante da muller de Urien. Hai tres englynion incompletos no corpus textual da historia que se conservan en manuscritos de finais do século XVI. Os englynion testemuñan unha conversa entre Tristfardd e Urien e quizais procedan de textos perdidos máis antigos. Nun dos manuscritos de Gwallter Mechain, que datan de finais do século XVIII, hai unha versión desta historia co título Chwedl Tristfardd bardd Urien Rheged (Historia de Tristfardd bardo de Urien). Nela retrátase a Tristfardd como amante secreto da muller de Urien. Parece que non se dá conta de quen é, porque envía a Urien cunha mensaxe para ela. Os englynion son parte dunha serie (perdida) nos que hai unha conversa entre Urien e a súa muller. Ao final da historia Urien mata a Tristfardd no vao que se chama Rhyd Tristfardd e que se localiza preto do castelo de Urien (mal situado en Maesyfed, Powys).

O bardo medieval Cynddelw Brydydd Mawr alude a varias obras a Tristfardd pero sen engadir nada ao noso coñecemento sobre el. Ao ter Cynddelw orixe en Powys, é posíbel que estivese familiarizado con tradicións sobre el xa desaparecidas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rachel Bromwich (ed.), Trioedd Ynys Prydein (Caerdydd, 1961; 1991)