Saltar ao contido

Torre Europa

Torre Europa
Torre Europa
Coordenadas40°27′06″N 3°41′30″O / 40.451666666667, -3.6916666666667
editar datos en Wikidata ]

A Torre Europa é un rañaceos da cidade de Madrid, o sétimo máis alto da capital española con 121 metros de altura. Ten 30 plantas e alberga oficinas de diferentes empresas. Atópase no complexo empresarial do AZCA, máis concretamente na esquina da Avenida do General Perón co Paseo de la Castellana.

Foi construído en 1985 polo arquitecto Miguel Oriol e Ybarra. Durante os fins de semana, convértese nunha zona destacable de lecer, debido aos restaurantes que abren as súas portas nos niveis inferiores.

O 5 de outubro de 1990 sufriu un incendio na súa planta 29, sen graves consecuencias. O 1 de maio de 2002 a banda terrorista ETA atentou contra o edificio con 20 kg dun potente explosivo, aínda que só destruíu algunhas fiestras.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]