Saltar ao contido

Torre Annunziata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTorre Annunziata
Torre Annunziata (it)
Torr'Annunziata (nap) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°45′25″N 14°26′40″L / 40.7569, 14.4444
PaísItalia
RexiónCampania
Cidades metropolitanasCidade metropolitana de Nápoles Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación40.153 (2023) Editar o valor en Wikidata (5.325,33 hab./km²)
Xeografía
Superficie7,54 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónNosa Señora das Neves Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal80058 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico081 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT063083 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoL245 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcomune.torreannunziata.na.it Editar o valor en Wikidata

Torre Annunziata (napolitano: Torr'Annunziata) é unha cidade e comuna na Cidade metropolitana de Nápoles, na rexión de Campania en Italia. Está situada no Golfo de Nápoles ao pé do monte Vesuvio. Oplontis é o nome do xacemento arqueolóxico da antiga Roma situado na cidade de Torre Annunziata.[1] A escavación do sitio comprende dúas vilas romanas, a máis coñecida das cales é a Vila A, a chamada Vila Poppaea.

Oplontis e outras cidades afectadas pola erupción do Monte Vesubio no 79 AD. A nube negra representa a distribución xeral da cinza e cindra. Móstrase as liñas costeiras modernas.

Do mesmo xeito que as cidades próximas de Pompeia e Herculano, Oplontis quedou sepultada pola cinza durante a Erupción do Vesuvio no ano 79.[2] Non obstante, a forza da erupción foi aínda máis forte que nestas cidades xa que non só se derrubaron os tellados, senón que tamén se romperon muros e columnas que quedaron tiradas de lado..[3]

Historia e escavacións

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Oplontis.
Plano das termas romanas
Fresco de Vila Caius Siculius Caius Filius

A cidade de Oplontis probablemente desenvolveuse baixo onde se atopa hoxe Torre Annunziata. As escavacións revelaron edificios particularmente nos lados leste e oeste da cidade, o leste nas inmediacións da Vila A e o outro case no seu límite con Torre del Greco.[4] Pénsase que na antigüidade, como noutros lugares (por exemplo, en Herculano e Stabiae), vilas residenciais de luxo como a Vila A bordeaban a costa, mentres que as vilas máis produtivas (agrícolas) estaban situadas máis no interior.

Entre os achados da zona occidental, o máis importante é o conxunto termal romano na beira do mar en Oncino (a Terme Nunziante) como edificio público de Oplontis.[5] R. Liberatore rexistrou a arqueoloxía en detalle[6]e identificouno como pertencente a Lucius Nonius Florus cuxo nome está estampado no bordo dunha cunca de terracota nas termas, decorada con formas vexetais e cabalos galopando.

Desafortunadamente, a construción dos modernos baños enriba deles provocou a súa destrución. Posteriormente atopáronse dous túneles subterráneos de abastecemento ou drenaxe pertencentes ás termas.

Ademais descubríronse restos de dúas vilas residenciais nas proximidades, unha propiedade de Caius Siculius Caius Filius cuxo selo foi atopado e da que se recuperou un fermoso fresco, aínda que moitos outros restos da zona foron destruídos ou roubados.[7]

A cidade resultou destruída na erupción do Vesubio do 79 d.C. e en 1631. É coñecida localmente no dialecto napolitano como "Torre Nunziata".[8] A cidade foi a sede de importantes industrias do siderometalúrxica de procesado de alimentos e pasta. Hoxe en día as industrias aínda activas inclúen naval, armamento e farmacéutica.

O sitio arqueolóxico de Oplontis é Patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 1997.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Torre Annunziata limita cos municipios de Boscoreale, Boscotrecase, Castellammare di Stabia, Pompei, Torre del Greco e Trecase.

Principais atraccións

[editar | editar a fonte]

Na Táboa de Peutinger, Torre Annunziata chámase Oplonti.

No territorio comunal, excavouse unha das vilas romanas máis ricas. Datada no século I a.C., probablemente pertencía á gens Poppaea,, e coñécese como Vila Poppaea.

Areas arqueolóxicas de Pompeia, Herculano e Torre Annunziata.

Aínda que é unha cidade relativamente pequena, esencialmente un suburbio de Nápoles, Torre Annunziata ten o seu propio dialecto único, unha variación do napolitano, bastante distinta, especialmente na pronunciación, que se coñece como Torrese.

  1. "Oplontis – AD 79 erupción". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2017. Consultado o 05 de novembro de 2021. 
  2. "Oplontis". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2023. Consultado o 23 de maio de 2017. 
  3. Oplontis: Villa A ("of Poppaea") at Torre Annunziata, Italy. John R. Clarke and Nayla K. Muntasser, c2014. p 771-
  4. Clarke, John R. 1945-. Oplontis: Villa A ("of Poppaea") at Torre Annunziata, Italy, 2014. 135 http://hdl.handle.net/2027/heb.90048.0001.001.
  5. http://pompeiiinpictures.eu/VF/Villa_090.htm
  6. R. Liberatore, Nuove e antiche terme di Torre Annunciata, Annali Civili del Regno delle due Sicilie 6, fasc. 12 (1834).
  7. Clarke, John R. 1945-. Oplontis: Vila A ("de Poppea") en Torre Annunziata, Italia, 139-292
  8. nap:Torre Nunziata Torre Nunziata, nap.wikipedia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]