Saltar ao contido

Tom Heinsohn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTom Heinsohn

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Thomas William Heinsohn Editar o valor en Wikidata
26 de agosto de 1934 Editar o valor en Wikidata
Jersey City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte9 de novembro de 2020 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Newton, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaJersey City Editar o valor en Wikidata
EducaciónSaint Michael's School (en) Traducir
College of the Holy Cross (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso99 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador, adestrador de baloncesto, comentarista deportivo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1956 Editar o valor en Wikidata - 1965 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla e Pivote Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston Celtics Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1953–1956 Holy Cross Crusaders men's basketball
1956–1965 Boston Celtics (Ala, Ala-pivote)
Premios

Descrito pola fonteTom Heinsohn, Champion Celtic as Player and Coach, Is Dead at 86 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1348049 Editar o valor en Wikidata

Thomas William Heinsohn, nado en Jersey City, Nova Jersey, o 26 de agosto de 1934 e finado en Newton, Massachusetts o 10 de novembro de 2020,[1] foi un xogador e adestrador profesional de baloncesto membro do Basketball Hall of Fame dado os seus éxitos con Boston Celtics. Como técnico, adestrou dende 1969 a 1978. Foi tamén comentarista durante as retransmisións deportivas dos Celtics nas emisións da CSN New England.

Carreira colexial

[editar | editar a fonte]

Nado en Jersey City, Tom asistiu ao Instituto St. Michael's na próxima Union City. Aceptou unha bolsa do Colexio de Holy Cros e converteuse no máximo anotador do colexio con 1.789 puntos, cunha media de 22,1 por partido. Durante o seu ano sénior, anotou nun encontro contra Boston College 51 puntos, tamén unha marca.

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

En 1956, Heinsohn asinou por Boston Celtics. Na súa primeira tempada, foi All-Star, Rookie do Ano e gañou o anel. Formou parte do mítico cadro dos Celtics que gañou oito campionatos en nove anos. Na historia da NBA, só os seus compañeiros Bill Russell e Sam Jones gañaron máis aneis. En toda a súa carreira, Heinsohn foi seleccionado para disputar o All-Star en seis ocasións. O día da retirada do seu compañeiro de equipo Bob Cousy, Heinsohn anotou o seu punto 10.000. En 1966, foi retirado o seu dorsal 15.

Carreira de adestrador

[editar | editar a fonte]

Tras retirarse, converteuse no adestrador dos Celtics. Durante a campaña 1972-73, liderou ao seu equipo a unha marca de 68-14 e foi nomeado Adestrador do Ano. A tempada seguinte e en 1976, Heinsohn e os Celtics gañaron o campionato.

  1. "Celtics legend Tom Heinsohn, champion as player and coach, dies at 86". The Boston Globe. Consultado o 10 November 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]