Tim Behrens
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xuño de 1937 Londres, Reino Unido |
Morte | 8 de febreiro de 2017 (79 anos) A Coruña, España |
Educación | University College de Londres Slade School of Fine Art (pt) Eton College |
Actividade | |
Ocupación | pintor, escritor |
Timothy John Behrens, chamado Tim Behrens, nado en Londres en 1937 e finado na Coruña o 8 de febreiro de 2017, foi un pintor e escritor galego-británico, vinculado á Escola de Londres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Behrens, de familia xudía, estudou na Escola de Belas Artes Slade do University College de Londres, en Londres. Nesa etapa de formación moveuse por distintos bares e clubs de bebida de artistas e intelectuais, como The Colony Room, onde fixo grupo con artistas que logo foron coñecidos como a Escola de Londres, e que compartían uns ideais estéticos e artísticos: Lucian Freud, Francis Bacon, John Deakin, Frank Auerbach ou Michael Andrews.[2] Neses anos cincuenta e sesenta do século XX, Behrens pintaba e ao mesmo tempo posaba como modelo: el é o personaxe que aparece no cadro Red-Haired Man on a Chair (Home roxo nunha cadeira), de Lucian Freud de 1962[3]) e 1963,[2] e o protagonista do Retrato de Timothy Behrens, unha obra de Michael Andrews que pertence á colección permanente do Museo Thyssen-Bornemisza).[4]
Parte da súa carreira pictórica posterior desenvolveuna en países do sur de Europa, como Italia, Grecia ou España. En 1985 instalouse na Coruña, cidade na que faleceu.
Obra literaria
[editar | editar a fonte]- El monumento, 2003, traducido do orixinal inglés.
- Poniéndose ya el abrigo, 2010, traducido do orixinal inglés.
- Amores y pesadillas, 2009 (poesía)
- Aquí se puede fumar, 2012 (poesía)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casado, tivo un fillo, Charles Behrens, videocreador.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Parque escultórico da Torre de Hércules
- ↑ 2,0 2,1 Terry Kirby (20 de decembro de 2004) "Celebrities and bohemians come together for Lucian Freud sale", The Independent.
- ↑ Red-Haired Man on a Chair
- ↑ Michael Andrews, Portrait of Timothy Behrens, 1962
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tim Behrens |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Lunch Party, 1961, cadro de Tim Behrens, visible en distitos catálogos de arte británica online.
- Man in bed, cadro de Tim Behrens, poxado en Christie's.