Saltar ao contido

Tignes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTignes
Vista no inverno
Imaxe
(2023)

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°28′11″N 6°54′34″L / 45.4697, 6.9094
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
DepartamentoSavoia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.005 (2021) Editar o valor en Wikidata (24,56 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie81,63 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Isère Editar o valor en Wikidata
Altitude2.100 m-1.440 m-3.747 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal73320 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Páxina webmairie-tignes.fr Editar o valor en Wikidata
LinkedIn: mairie-de-tignes Youtube: UCaicYnKn4LZs2xpfibm7FTw Editar o valor en Wikidata

Tignes (en francoprovenzal tamén Tignes) é unha pequena vila e estación de montaña no departamento de Savoia, na rexión de Ródano-Alpes.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Tignes é un dos máis elevados de Europa, cunha altitude que chega aos 2.127 m. Tiña 2.220 habitantes residentes en 1999, sobre unha extensión de 81,63 km², pero unha poboación aboiante moito maior atraída polo turismo de montaña tanto en inverno como en verán. A estación de esquí está aberta todo o ano.

Tignes atópase no alto do val da Tarentaise e forma parte do macizo de Iseran, nacemento do río Isère que é un dos máis importantes afluentes do Ródano. En realidade o concello fórmano sete lugares distintos, dos cales un, o orixinario, foi asolagado polas augas do encoro. Ademais do Vello Tignes, os lugares deste concello son Val Claret, Lac, Lavachet, Boisses, Brévières e Reculaz, en altitudes que van dos 2.127 m de Val Claret aos 1.550 de Les Brévières.

Antes da segunda guerra mundial o carácter montañoso de Tignes facíao practicamente descoñecido. As comunicacións eran moi difíciles, e os poucos habitantes vivían en condicións de illamento durante boa parte do ano, apoiados na gandaría de montaña. Dende 1933 a administración francesa cavilaba en facer un encoro no val da Tarantaise, pero os habitantes de Tignes non souberon do proxecto ata 1941, en plena guerra, oito anos máis tarde. A construción comezou da presa comezou en 1946 e a vila foi finalmente asolagada en 1952, logo de que se movese o camposanto, se dinamitasen as últimas casas e as forzas de orde expulsasen os veciños resistentes.

A partir de 1956 comezou a construción da estación de inverno, que se desenvolveu e estendeu continuamente durante a seguinte década. As pistas da estación de esquí acolleron algunhas probas dos Xogos Olímpicos de Albertville, particularmente as de esquí acrobático.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía de Tignes vira na súa práctica totalidade ao redor da estación de inverno. Esta ten 36 remontes, 64 pistas de esquí alpino (150 km) e 4 máis de esquí de fondo (20 km), comprendidas entre os 1.550 m e os 3.456 m que conseguen na súa altitude máxima.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Web da estación de esquí