The Italian Job (filme de 2003)
The Italian Job | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Italian Job |
Director | F. Gary Gray |
Produtor | Donald De Line |
Guión | Donna Powers Wayne Powers |
Baseado en | The Italian Job de Troy Kennedy Martin |
Intérpretes | Mark Wahlberg Charlize Theron Edward Norton Seth Green Jason Statham Mos Def Donald Sutherland |
Música | John Powell |
Fotografía | Wally Pfister |
Montaxe | Richard Francis-Bruce Christopher Rouse |
Estudio | De Line Pictures |
Distribuidora | Paramount Pictures |
Estrea | 2003 |
Duración | 111 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Acción |
Orzamento | $60 000 000[1] |
Recadación | $176 100 000 |
Na rede | |
http://www.italianjobmovie.com | |
The Italian Job é un filme estadounidense dirixido por F. Gary Gray que se estreou no 2003. Baséase no filme británico de 1969 The Italian Job de Troy Kennedy Martin.
Sinopse
[editar | editar a fonte]John Bridger (Donald Sutherland) fala coa súa filla Stella (Charlize Theron) por teléfono para anunciarlle que ese sería o seu derradeiro roubo. Máis tarde, John queda co planificador, Charlie (Mark Wahlberg), para falar sobre o roubo. Ambos son bos amigos e teñen un gran respecto o un polo outro.
O grupo encabezado por Charlie estaba formado polo infiltrado Steve (Edward Norton), o xenio da informática Lyle (Seth Green), Rob (Jason Statham) como condutor, Oído esquerdo (Mos Def) o experto en explosivos e John, que era o encargado de rebentar a caixa forte. O plan era perfecto, polo que o roubo en Venecia foi como se agardaba, a euforia invade a tódolos presentes durante un curto período de tempo. Entón decátanse de que un dos membros do grupo, Steve, traizoou ó resto para quedar con todo o ouro, acto que acaba coa vida de John. Tempo despois, o grupo localiza a residencia de Steve, e con Charlie ó mando deciden xogarlle o mesmo xogo, polo que recorren a Stella, a filla de John, para dar un golpe que lles permita reembolsar os cartos perdidos e de paso vingarse pola morte de John.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Mark Wahlberg como Charlie Croker
- Charlize Theron como Stella Bridger
- Edward Norton como Steve
- Jason Statham como Handsome Rob
- Seth Green como Lyle "Napster"
- Mos Def como "Oído esquerdo"
- Franky G como Wrench
- Olek Krupa como Mashkov
- Donald Sutherland como John Bridger
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)