Saltar ao contido

Thabo Mbeki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThabo Mbeki

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(xh) Thabo Mvuyelwa Mbeki Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xuño de 1942 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Mbewuleni (Unión Surafricana) Editar o valor en Wikidata
Presidente da Unión Africana
9 de xullo de 2002 – 10 de xullo de 2003 – Joaquim Chissano →
Commonwealth Chairperson-in-Office (en) Traducir
12 de novembro de 1999 – 2 de marzo de 2002 – John Howard →
Presidente de Suráfrica
14 de xuño de 1999 – 24 de setembro de 2008
← Nelson MandelaKgalema Motlanthe →
20º Secretario Xeral do Movemento de Países Non Aliñados
1999 – 20 de febreiro de 2003
← Nelson MandelaMahathir bin Mohamad →
Deputy President of South Africa (en) Traducir
10 de maio de 1994 – 14 de xuño de 1999
← Alwyn Schlebusch (en) TraducirJacob Zuma →
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Stellenbosch (pt) Traducir - doutoramento (2004–)
Universidade Caledônia de Glasgow (pt) Traducir - doutoramento (2000–)
Rand Afrikaans University (en) Traducir - doutoramento (1999–)
Universidade de Suráfrica - doutoramento (1995–)
Hult International Business School (en) Traducir - administração (pt) Traducir (1994–)
Universidade de Sussex - Mestre em ciências econômicas (pt) Traducir (–1966)
Universidade de Sussex - economía (–1962)
Universidade de Londres - economía Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, economista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCongreso Nacional Africano Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
CónxuxeZanele Dlamini Mbeki Editar o valor en Wikidata
PaisGovan Mbeki Editar o valor en Wikidata  e Epainette Mbeki Editar o valor en Wikidata
IrmánsMoeletsi Mbeki Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1375786 Musicbrainz: 825270ae-ca38-4402-a3d7-e65fdbc24873 Discogs: 5046143 Editar o valor en Wikidata


Thabo Mvuyelwa Mbeki, nado o 18 de xuño de 1942 en Idutywa, é un político surafricano, presidente de Suráfrica dende o 16 de xuño de 1999 ata 2008.

É un xosa orixinario da rexión de Transkei, na actual provincia de Cabo Oriental, fillo de Epitanette e Govan Mbeki, ambos profesores, e activistas do Congreso Nacional Africano, e Govan dirixente do Congreso Nacional Africano e o Partido Comunista de Suráfrica.

Mbeki ten un mestrado en Economía da Universidade de Sussex. Durante a época do apartheid foi feito prisioneiro e tivo que pasar varios anos no exilio no Reino Unido, regresando ao seu país logo da liberación de Nelson Mandela.

Mbeki é membro do CNA desde os 14 anos, sendo o seu representante no estranxeiro desde 1967. Foi designado xefe da oficina de información do CNA en 1984 e da súa oficina de asuntos internacionais en 1989. Foi elixido deputado de Suráfrica en maio de 1994 ao celebrarse as primeiras eleccións con sufraxio universal. Foi elixido sucesor de Nelson Mandela como presidente do CNA en decembro de 1997 e como Presidente da república tras as eleccións de 1999 (asumindo o cargo o 16 de xuño); foi reelecto para un segundo período en abril de 2004.

Mbeki liderou a creación do programa económico NEPAD e da Unión Africana e tivo grande influencia nas negociacións de paz en Ruanda, Burundi e a República Democrática do Congo. Foi unha dos abandeirados na difusión do concepto do Renacemento Africano.

Durante as negociacións posteriores á liberación de Nelson Mandela, que finalmente conduciron en 1994 ás primeiras eleccións con sufraxio universal en Suráfrica, Mbeki foi a persoa encargada da parte económica destas negociacións. Mais as concesións realizadas durante estas negociacións económicas, conduciron á imposibilidade de poñer en práctica as promesas realizadas polo Congreso Nacional Africano de redistribución da riqueza, quedando a maior parte da riqueza do país en mans dos seus antigos propietarios, os brancos que durante anos amasaron estas riquezas grazas ao apartheid.

En setembro de 2008 coaccionou o líder da liberación da veciña Zimbabue Morgan Tsvangirai do MDC (Movement for Democratic Change) para aceptar un acordo de unidade nacional co presidente Robert Mugabe, considerado polos seus opositores un ditador e responsable de incontables crimes contra a humanidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Cargo creado
Vicepresidente da República de Suráfrica
19941999
Sucesor:
Jacob Zuma
Predecesor:
Nelson Mandela
Presidente do Congreso Nacional Africano

1997 - 2007
Sucesor:
Jacob Zuma
Predecesor:
Nelson Mandela

Presidente da República de Suráfrica

19992008
Sucesor:
Kgalema Motlanthe
Predecesor:
Levy Mwanawasa
 Zambia
(Organización para a Unidade Africana)

Presidente da Unión Africana

2002 - 2003
Sucesor:
Joaquim Chissano
 Mozambique