Terremotos de Turquía e Siria de 2023
O 6 de febreiro de 2023, un terremoto con múltiples réplicas golpeou o sur e centro de Turquía e o norte e oeste de Siria.[1][2] Ocorreu a 34 km ao oeste da cidade de Gaziantep ás 01:17 UTC, cun máximo na escala de Mercalli de XI (Extremo), e unha magnitude de polo menos Mw 7,8. O terremoto provocou danos xeneralizados e milleiros de mortos.
Foi o terremoto máis mortífero e forte en Turquía dende o terremoto de Erzincan de 1939,[3] da mesma magnitude, xunto co que é o segundo máis forte da historia do país despois do terremoto de Anatolia do Norte de 1668.[4] Tamén foi o terremoto máis mortífero que afectou a Siria dende o terremoto de Alepo de 1822, un dos terremotos máis fortes xamais rexistrados no Levante e o terremoto máis mortífero en todo o mundo dende o terremoto de Haití de 2010.[5][6] Sentiuse e causou danos estruturais até Israel, Líbano, Chipre e a costa do Mar Negro de Turquía.[7]
O terremoto tivo máis de 1 000 réplicas, incluída unha infrecuentemente poderosa de Mw 7.7 nove horas despois do sismo principal.[8] Até o 12 de febreiro notificáronse máis de 34 000 mortes; 29 000 en Turquía e 5 000 en Siria.[9][10] A Organización das Nacións Unidas teme que a cifra sexa o dobre da actual ou máis.[11] Unha gran tormenta de inverno obstaculizou os esforzos de rescate, deixando caer neve sobre as ruínas e provocando unha caída en picado das temperaturas.[12] Por mor das baixas temperaturas na área, os sobreviventes, especialmente os atrapados baixos os cascallos, correron un gran risco de hipotermia.[13][14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Subramaniam, Tara; Mogul, Rhea; Renton, Adam; Sangal, Aditi; Vales, Leinz; Hammond, Elise; Chowdhury, Maureen; Vera, Amir (6 de febreiro de 2023). "6 de febreiro de 2023 Turkey-Syria earthquake news" (en inglés). CNN. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2023.
- ↑ "Live Updates Turkey, Syria earthquake kills thousands". AP News (en inglés). 6 de febreiro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2023.
- ↑ ISC (2022). International Seismological Centre, ed. "ISC-GEM Global Instrumental Earthquake Catalogue (1904-2018)". doi:10.31905/D808B825.
- ↑ Marco Bohnhoff; Patricia Martínez-Garzón; Fatih Bulut; Eva Stierle; Yehuda Ben-Zion. ScienceDirect, ed. "Maximum earthquake magnitudes along different sections of the North Anatolian fault zone". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2009. Consultado o 6 de febreiro de 2023.
- ↑ Said-Moorhouse, L. (9 de febreiro de 2023). CNN International, ed. "The earthquake in Turkey is one of the deadliest this century. Here's why". Consultado o 9 de febreiro de 2023.
- ↑ Associated Press, ed. (9 de febreiro de 2023). "The world's deadliest earthquakes in the past 25 years, at a glance". Consultado o 9 de febreiro de 2023.
- ↑ Kuşçu, Selim. İHA, ed. "Ordu'da deprem paniği". Consultado o 9 de febreiro de 2023.
- ↑ Global Centroid Moment Tensor, ed. (6 de febreiro de 2023). "Global CMT Catalog Search". Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2023. Consultado o 6 de febreiro de 2023.
- ↑ BirGün (ed.). "Deprem felaketinde 7’nci gün: Can kaybı 24 bin 617'ye ulaştı!" (en turco). Consultado o 11 de febreiro de 2023.
- ↑ Syrian Observatory for Human Rights, ed. (11 de febreiro de 2023). "5273 إنسان ضحـ ـايا الزلزال في سوريا.. ومئات الجثـ ـامـ ـين ترحل من تركيا". Consultado o 11 de febreiro de 2023.
- ↑ "Ascenden a mais de 33.000 os mortos en Turquía e Siria polos terremotos". g24.gal. 12 de febreiro de 2023. Consultado o 12 de febreiro de 2023.
- ↑ Hubbard, Ben (8 de febreiro de 2023). "Live Updates: Erdogan Visits Quake Area as Death Toll Passes 11,600 in Turkey and Syria". The New York Times. Arquivado dende o orixinal o 8 de febreiro de 2023. Consultado o 8 de febreiro de 2023.
- ↑ Aziz, Saba (7 de febreiro de 2023). "Turkey earthquake rescue efforts complicated by bitter cold. What to know - National | Globalnews.ca". Global News. Consultado o 9 de febreiro de 2023.
- ↑ Soylu, Ragip (6 de febreiro de 2023). "Turkey earthquake: Survivors trapped under rubble face hypothermia threat". Middle East Eye. Consultado o 9 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Terremotos de Turquía e Siria de 2023 |