Tecumseh
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1768 Chillicothe, Estados Unidos de América |
Morte | 5 de outubro de 1813 (44/45 anos) reserva india Moravian 47, Canadá |
Causa da morte | morte en combate |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal |
Carreira militar | |
Rango militar | xefe de guerra |
Conflito | Batalla de Tippecanoe |
Familia | |
Irmáns | Ontario |
Descrito pola fonte | Appletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Tecumseh) Obálky knih, Encyclopædia Britannica |
Tecumseh, nado en marzo de 1768 e finado o 5 de outubro de 1813, foi un líder nativo americano dos shawnee e dunha gran confederación tribal (coñecida como Confederación de Tecumseh) que se opuxo ós Estados Unidos durante a Guerra de Tecumseh e se converteu en aliado dos británicos na Guerra de 1812.
Tecumseh medrou no territorio de Ohio durante a guerra de independencia dos Estados Unidos e na Guerra india do noroeste, onde estivo constantemente exposto á guerra.[1] Cos americanos movéndose continuamente cara ao oeste logo de que os británicos cedesen o Val de ós Estados Unidos en 1783, os shawnee movéronse máis cara ao noroeste. En 1808, asentáronse en Prophetstown, na actual Indiana. Co obxectivo de estabelecerse nunha nación india independente ó leste do Mississippi baixo protección británica, Tecumseh traballou para recrutar tribos para a súa confederación dende o sur dos Estados Unidos.[1]
Durante a Guerra de 1812, a confederación de Tecumseh aliouse cos británicos e axudaron a capturar Fort Detroit. Antes da batalla, Tecumseh fixo un famoso discruso nunha rocha que aínda se conserva en Fort Malden. Despois de que a mariña dos Estados Unidos tomase o control do Lago Erie en 1813, os nativos e os británicos tiveron que recuar. As forzas americanas capturárono na Batalla do Thames, e mataron a Tecumseh en outubro de 1813. Coa súa morte a confederación desintegrouse e os nativos tiveron que moverse de novo cara ao oeste, mais Tecumseh converteuse dende entón nun heroe icónico na historia indíxena, americana e canadense.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Allen, Robert S (2009). Historica-Dominion, ed. "Tecumseh". Consultado o 3 de outubro de 2009.
- ↑ J. M. Bumsted (2009). Oxford U.P., ed. The peoples of Canada: a pre-Confederation history. p. 244. ISBN 9780195431018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tecumseh |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dowd, Gregory Evans. A Spirited Resistance: The North American Indian Struggle for Unity, 1745-1815. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 1992. ISBN 0-8018-4236-0
- Drake, Benjamin. Life of Tecumseh and of His Brother the Prophet; With a Historical Sketch of the Shawanoe Indians. (Mount Vernon: Rose Press, 2008).
- Eckert, Allan. A Sorrow in Our Hearts: The Life of Tecumseh. Nova York: Bantam Books, 1992. ISBN 0-553-56174-X