Tall Girl
Tall Girl | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tall Girl |
Director | Nzingha Stewart |
Produtor |
|
Guión | Sam Wolfson |
Intérpretes |
|
Música | Mateo Messina |
Fotografía | Eric Edwards |
Montaxe | Priscilla Nedd Friendly |
Estudio | Wonderland Sound and Vision |
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 13 de setembro de 2019 |
Duración | 102 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/81002412?source=35 | |
Tall Girl é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Nzingha Stewart, a partir dun guión escrito pot Sam Wolfson. Está protagonizado por Ava Michelle, Griffin Gluck, Sabrina Carpenter, Paris Berelc, Luke Eisner, Clara Wilsey, Anjelika Washington, Rico Paris, Angela Kinsey e Steve Zahn. Foi estreado a través de Netflix o 13 de setembro de 2019.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Jodi Kreyman é unha moza de 16 anos acomplexada pola súa estatura (1,85 m). Ao ser a rapaza máis alta do seu instituto, nunca se sentiu a gusto co seu corpo e sempre intentou pasar desapercibida, feito que se agravou polas burlas continuas dos seus compañeiros. Todo cambia cando aparece Stig Mohlin, un mozo sueco cuxa estatura é superior á dela, e polo que sente grande atracción. A raíz disto, comezará o seu gran cambio, véndose enleada nun triángulo amoroso.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ava Michelle como Jodi Kreyman
- Griffin Gluck como Jack Dunkleman
- Luke Eisner como Stig Mohlin
- Clara Wilsey como Kimmy Stitcher
- Sabrina Carpenter como Harper Kreyman
- Paris Berelc como Liz
- Rico Paris como Schnipper
- Anjelika Washington como Fareeda
- Angela Kinsey como Helaine Kreyman
- Steve Zahn como Richie Kreyman