Saltar ao contido

Tártaro (deus)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo a mitoloxía grega, Tártaro é a personificación desa rexión do inframundo coñecida co mesmo nome de Tártaro, onde os deuses encerraban ós seus inimigos: Urano e Cronos ós Ciclopes, e Zeus ós Titáns e ós Xigantes.

Mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Tártaro, xa como deus, uniuse a Xea (A Terra), coa que tivo dous fillos, monstruosos: Tifón e Equidna. Algúns autores engaden tamén á aguia de Zeus e a Tánatos, un ser masculino que simboliza a Morte, aínda que Hesíodo o fai fillo de Nicte (a Noite), xunto a Hipno (o Sono) [1].

"Cando os deuses venceron ós Titáns, Xea, aínda máis rabiosa, xaceu con Tártaro e deu a luz en Cilicia a Tifón, que tiña unha natureza híbrida de home e bestia."
(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 6, 3)
  1. Hesíodo: Teogonía 212-214.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
  • HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]
  • Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA
  • PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ªed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].