Saltar ao contido

Supermarine Scimitar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supermarine Scimitar
Tipocaza de ataque naval
FabricanteSupermarine
Primeiro voo19 de xaneiro de 1956
Introducido1957
Retirado1969
Principais usuariosRoyal Navy
Unidades construídas76

O Supermarine Scimitar foi un avión de ataque naval deseñado e producido polo construtor aeronáutico británico Supermarine. Operado exclusivamente pola Fleet Air Arm da Royal Navy, foi o derradeiro avión en ser completamente deseñado e fabricado por Supermarine.[1]

O Scimitar desenvolveuse a partir dun anterior deseño, designado internamente Type 505, un caza sen tren de aterraxe destinado a operar dende cubertas de goma. Gran parte das características do avión, incluído a súa pouco común cola en V (ou "cola bolboreta") e a súa delgada á recta, eran compartidas co seu antecesor; porén, o Almirantado reconsiderou os seus requisitos e especificou que se usase un tren de aterraxe convencional. Así, Supermarine produciu o estreitamente relacionado Type 508, equipado cunha á máis grande e tren de aterraxe retráctil. O 31 de agosto de 1951 o Type 508 realizou o seu voo de estrea, seguido pouco despois dos redeseñados Type 529 e Type 544, servindo este último como prototipo directo para o modelo de produción e realizando o seu primeiro voo en xaneiro de 1956.

Durante 1957 entregáronse os primeiros avións de produción, permitindo que o Scimitar entrase en servizo coa Royal Navy o ano seguinte. O avión foi operado pola Royal Navy como un avión de ataque a baixa cota, o que incluía que puidese ser equipado con armas nucleares, e tendo sido superado como caza incluso antes da súa introdución pr outros avións como o de Havilland Sea Venom e o de Havilland Sea Vixen. Experimentou unha taxa de desgaste relativamente alta debido a unha serie de accidentes. Nos seus aderradeiros anos de operación o tipo usouse frecuentemente como avión de repostaxe en voo. Durante 1969 o Scimitar foi retirado, sendo substituído en servizo por avións máis novos e capaces como o Blackburn Buccaneer.

  1. Andrews e Morgan 1981, p. 297

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Andrews, C.F. and E.B. Morgan. Supermarine Aircraft Since 1914. Londres: Putnam, 1981. ISBN 0-370-10018-2.