Sulaiman Al-Yasin
Aparencia
Nome orixinal | (ar) سُليمان الياسين |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (ar) سُليمان ياسين أحمد حُسين بوكنان 1949 Cidade de Kuwait |
Morte | 29 de marzo de 2020 (70/71 anos) Amiri Hospital, Kuwait (en) |
Causa da morte | ictus |
Educación | Universidade de París |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Sulaiman al-Yasin (en árabe: سليمان ياسين أحمد حسين بوكنان, "Sulaiman Yasin Ahmad Husain Buknan"), nado en Kuwait en 1949[1] e finado na mesma cidade o 29 de marzo de 2020[2], foi un actor kuwaití.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a actuar no teatro en 1969 ao ingresar na compañía teatral Golfo Árabe. En 1974 gradouse no Instituto de Artes Escénicas e logo foi a Francia para estudar literatura francesa[1] e licenciouse en artes cinematográficas na Universidade de París[1]. Ao longo da súa carreira traballou tamén en radio, televisión e cinema. A súa primeira experiencia na televisión foi co director Kazem Al-Qallaf e logo traballou con Salah Al-Awry. Nawaya (2016) foi unha das últimas series nas que participou.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "سليمان الياسين... إبداع مستمرّ منذ منتصف الستينيات 1/2". Al-Jarida, 13 de xullo de 2013
- ↑ "الفنان الكويتي سليمان الياسين يترجل". Al-Bayan, 30 de marzo de 2020