Divisións administrativas de Francia
Por divisións administrativas de Francia enténdese principalmente a división do territorio. A administración territorial de Francia é a organización institucional e administrativa do territorio francés. Cóntanse numerosas divisións territoriais, que poden ter un obxectivo político (colectividades territoriais), electoral (circunscricións) ou administrativo (servizos desconcentrados do Estado).
As principais divisións administrativas francesas son as rexións, os departamentos e os municipios. O territorio francés atópase dividido en 26 rexións, das cales 22 son metropolitanas, é dicir, atópanse en Europa. Á súa vez as rexións divídense en 100 departamentos, dos cales 4 atópanse en territorio de ultramar. Estes á súa vez divídense nos chamados arrondissements ou distritos. O 1 de marzo de 2008, existían 36.783 municipios en Francia (212 en ultramar) que abranguían a integridade do territorio francés —coa excepción de Saint-Barthélemy, Saint-Martin, Wallis e Futuna e os territorios sen poboación permanente (terras austrais e antárticas francesas, Clipperton).
Os departamentos divídense en distritos que á súa vez se dividen en cantóns (para os colexios electorais) sen ser entidades políticas. Os concellos son a administración territorial local, con papel semellante ao dos concellos en Galicia.
As tres comunas, París, Lión e Marsella, divídense á súa vez en distritos (arrondissements) para a súa axeitada administración territorial, tendo os distritos locais (mairies d'arrondissement) algunha autonomía financeira e administrativa dentro do consello municipal (A palabra "arrondissement" utilizase tanto para os distritos, colexios electorais dentro dos departamentos, como para os distritos municipais das tres grandes cidades).
As 4 rexións francesas de ultramar (Guadalupe, Martinica, Güiana e Reunión) teñen cadanseu departamento. Estas rexións, porén, forman parte da UE.
Divisións
[editar | editar a fonte]Francia está dividida administrativamente como segue [1]:
- Colectividades territoriais, entidades políticas:
- 26 rexións (22 metropolitanas e 4 en ultramar), divididas á súa vez en:
- 100 departamentos (96 metropolitanos e 4 en ultramar), divididos á súa vez en:
- 36 782 (26 568 metropolitanas e 214 en ultramar) municipios (ou concellos) rexistrados no 1 de marzo do 2007
- 341 distritos (329 metropolitanos e 12 en ultramar), chamados en francés arrondissements, e divididos á súa vez en:
- 3 879 cantóns nos cales se atopan os concellos (ou municipios).
A descentralización sendo dividida sobre todo entre descentralización territorial (rexións, departamentos, concellos esencialmente) e funcional (establecementos públicos), os servizos desconcentrados do Estado que acompañan a descentralización sofren reformas dende o ano 1983 no cadro dunha reforma xeral de modernización do estado francés. O exercicio das competencias estatais é repartido entre catro chanzos xeográficos:
- A administración central, os ministerios;
- O departamento francés, circunscrición de dereito común, a maioría dos ministerios delegaron competencias a nivel do departamento, na capital de cada departamento atópase unha prefectura;
- A rexión francesa, hai un prefecto de rexión (préfet de région) en cada rexión francesa;
- O distrito francés (arrondissement - non se debe confundir o arrondissement, división territorial dun departamento, e o arrondissement municipal, divison territorial das 3 grandes cidades francesas, París, Lión e Marsella).
Tralas leis de Defferre de 1982-1983 e Raffarin de 2003-2004, Francia é un estado descentralizado. A reforma constitucional de febreiro do 2003 establece que a organización da República é descentralizada. A descentralización (entidades autónomas da potencia pública), acompañada nun primeiro momento da chamada desconcentración (entidades locais da administración estatal), favorece actualmente a emerxencia dos poderes locais, aínda que os avances neste eido sexan materia de debate.
Xunto cos tres colectivos territoriais que son entidades políticas: o concello, o departamento e a rexión, existe tamén un chanzo intercomunal que de facto exerce cada vez máis competencias (desenvolvemento económico, organización do espazo, o hábitat, os transportes públicos, o saneamento). O 90% dos concellos e 85% da poboación están reagrupados para xestionar as actividades. Estes reagrupamentos poden recobrar varias formas xurídicas segundo a natureza das actividades reagrupadas e o grao de cooperación desexado. Por exemplo poden ser establecementos públicos de cooperación mancomunal (EPCI = établissement public de coopération intercommunale), comunidades de municipios etc. Nas zonas fronteirizas, as mancomunidades existen tamén con colectividades locais dos países veciños, o que facilita a xestión de equipos comúns, particularmente no tocante ao transporte.
Un novo chanzo foi creado coa elaboración de "países" (pays, ordeación do territorio), que reagrupan municipios e intercomunalidades (intercommunalités) en conxuntos máis grandes que son as intercomunalidades, co fin de reunir o conxunto dos municipios dun territorio, ata os excluídos das intercomunalidades existentes.
Francia é "unha e indivisible", pero esta fórmula crea certas tensións en varios "países" que posúen certo grao de entimento nacional, cuxas especificidades, particularmente lingüísticas, serían recoñecidas insuficientemente segundo certos movementos rexionalistas e nacionalistas (Alsacia, Bretaña, Cataluña Norte, Córsega, Flandres francés, País Vasco francés, Occitania etc.).
Francia de ultramar
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Francia de ultramar e Illas francesas.
As outras colectividades francesas de ultramar teñen senlleiros estatutos vencellados a unha forte autonomía. As colectividades de Mayotte e de Saint-Pierre-et-Miquelon teñen unha administración local única que combina as funcións xeralmente conferidas nas rexións e nos departamentos metropolitanos. No entanto, Mayotte evolucionou dende o 2001 cara a un estatuto de departamento de ultramar, para unha integración máis forte. Estas dúas colectividades, aínda que situadas fóra da Unión Europea, empregan o euro como moeda.
Outras colectividades de ultramar no Pacífico teñen estatutos de autonomía máis extensa onde cohabitan a administración territorial de regalía e a administración baseada nas tradicións e costumes autóctonas (Polinesia Francesa, Nova Caledonia, Wallis e Futuna). Aínda que estas colectividades posúen sempre unha división e unha administración municipal (agás Wallis e Futuna onde seguen os pobos costumbreiros desenvolvendo este papel no seo dos tres reinos autóctonos), estas colectividades non están divididas en departamentos, senón en provincias (ou reinos) e en pobos (sobre as bases tradicionais) tendo funcións normalmente destinadas aos departamentos e os municipios na metrópole e nas rexións de ultramar, particularmente en asuntos de xustiza, educación ou en materia de cidadanía.
Ademais, a función de rexión trasladouse a un goberno local onde están representadas as autoridades tanto autóctonas e as de regalía, así como un administrador da República. Estas colectividades, fóra da Unión Europea, utilizan o franc pacifique (franco pacífico = franco do océano Pacífico) como moeda común vencellada ao euro desde o 1999, no canto do franco francés. Hai que anotar que Nova Caledonia dispón dun estatuto particular pasaxeiro específico antes dun futuro referendo no cal deberá determinarse se o territorio quedará na República francesa cunha autonomía ampla, ou se se volverá independente (cunha asociación eventual).
Outras terras francesas en ultramar pouco ou non habitadas están administradas a distancia desde outro territorio habitado, por un administrador designado polo estado francés en nome da república: as illas dispersas (no océano Índico, dispersadas ao redor de Madagascar, ou preto de Mayotte ou da Illa Mauricio) e Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF, no sur do océano Índico) están administradas desde a Reunión, e Clipperton (ao leste do océano Pacífico, á altura de México) está administrada desde Polinesia Francesa. Estas terras non teñen administración local propia.
Departamentos do Ultramar
[editar | editar a fonte]Francia ten varias posesións espalladas polo mundo, a que chama departamentos do ultramar (DOM: département d'outre-mer) ou territorios ultramarinos (TOM: territoire d'outre-mer):
- Américas
- África
- Oceanía
- Mares do Sur
Mapas de localización dos 96 departamentos franceses e das 22 rexións de Francia, os departamentos de alén mar tamén son rexións.
-
Departamento 1: Ain
-
Departamento 2: Aisne
-
Departamento 3: Allier
-
Departamento 4: Alpes da Alta Provenza
-
Departamento 5: Alpes Altos
-
Departamento 6: Alpes Marítimos
-
Departamento 7: Ardèche
-
Departamento 8: Ardenas
-
Departamento 9: Ariège
-
Departamento 10: Aube
-
Departamento 11: Aude
-
Departamento 12: Aveyron
-
Departamento 13: Bocas do Ródano
-
Departamento 14: Calvados
-
Departamento 15: Cantal
-
Departamento 16: Charente
-
Departamento 17: Charente Marítimo
-
Departamento 18: Cher
-
Departamento 19: Corrèze
-
Departamento 2A: Córsega do Sur
-
Departamento 2B: Alta Córsega
-
Departamento 21: Côte-d'Or
-
Departamento 22: Côtes-d'Armor
-
Departamento 23: Creuse
-
Departamento 24: Dordoña
-
Departamento 25: Doubs
-
Departamento 26: Drôme
-
Departamento 27: Eure
-
Departamento 28: Eure e Loir
-
Departamento 29: Finistère
-
Departamento 30: Gard
-
Departamento 31: Alta Garona
-
Departamento 32: Gers
-
Departamento 33: Gironda
-
Departamento 34: Hérault
-
Departamento 35: Ille e Vilaine
-
Departamento 36: Indre
-
Departamento 37: Indre e Loira
-
Departamento 38: Isère
-
Departamento 39: Jura
-
Departamento 40: Landes
-
Departamento 41: Loir e Cher
-
Departamento 42: Loira
-
Departamento 43: Alto Loira
-
Departamento 44: Loira Atlántico
-
Departamento 45: Loiret
-
Departamento 46: Lot
-
Departamento 47: Lot e Garona
-
Departamento 48: Lozère
-
Departamento 49: Maine e Loira
-
Departamento 50: Mancha
-
Departamento 51: Marne
-
Departamento 52: Alto Marne
-
Departamento 53: Mayenne
-
Departamento 54: Meurthe e Mosela
-
Departamento 55: Mosa
-
Departamento 56: Morbihan
-
Departamento 57: Mosela
-
Departamento 58: Nièvre
-
Departamento 59: Norte
-
Departamento 60: Oise
-
Departamento 61: Orne
-
Departamento 62: Paso de Calais
-
Departamento 63: Puy-de-Dôme
-
Departamento 64: Pireneos Atlánticos
-
Departamento 65: Altos Pireneos
-
Departamento 66: Pireneos Orientais
-
Departamento 67: Baixo Rin
-
Departamento 68: Alto Rin
-
Departamento 69: Ródano
-
Departamento 69: Métropole de Lyon
-
Departamento 70: Alto Saona
-
Departamento 71: Saona e Loira
-
Departamento 72: Sarthe
-
Departamento 74: Alta Savoia
-
Departamento 75: Paris
-
Departamento 76: Sena Marítimo
-
Departamento 77: Sene e Marne
-
Departamento 78: Yvelines
-
Departamento 79: Deux-Sèvres
-
Departamento 80: Somme
-
Departamento 81: Tarn
-
Departamento 82: Tarn e Garona
-
Departamento 83: Var
-
Departamento 84: Vaucluse
-
Departamento 85: Vendée
-
Departamento 86: Vienne
-
Departamento 87: Alto Vienne
-
Departamento 89: Yonne
-
Departamento 91: Essonne
-
Departamento 92: Altos do Sena
-
Departamento 93: Sena-San Denis