Saltar ao contido

Ródano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRódano
Imaxe

EpónimoRío Ródano Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 45°59′44″N 4°43′10″L / 45.995504, 4.7195702
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes Editar o valor en Wikidata
CapitalLión (2015–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Affoux
Aigueperse
Albigny-sur-Saône (–2015) Editar o valor en Wikidata../... 306+
Poboación
Poboación451.317 (2015) Editar o valor en Wikidata (166,22 hab./km²)
Lingua usadaLingua francoprovenzal Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2.715,11 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMont Saint-Rigaud (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación12 de agosto de 1793 Editar o valor en Wikidata
Sucedido pormetrópole de Lión Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2FR-69 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSFR716 Editar o valor en Wikidata
Código de departamento INSEE69 Editar o valor en Wikidata

Páxina webrhone.fr Editar o valor en Wikidata
Twitter: rhone_fr Instagram: departementrhone LinkedIn: departement-du-rhone Editar o valor en Wikidata

Ródano[1] (69) (en francés: Rhône) é un departamento francés situado na rexión de Auvernia-Ródano-Alpes. Os habitantes do departamento reciben o xentilicio francés de rhodaniens.

Na división departamental de 1789, levada a cabo o 4 de marzo de 1790, incluíuse o departamento de Ródano e Loira. Este foi dividido o 12 de agosto de 1793 nos actuais departamentos de Ródano e Loira.

Limita polo norte con Saona e Loira, polo leste con Ain, polo sueste con Isère, polo oeste con Loira.

O departamento naceu o 12 de agosto de 1793 cando o antigo département de Ródano e Loira foi subdividido en dous departamentos distintos.

Orixinalmente, o bordo oriental de Ródano era a cidade de Lión, de forma tal que as comunas do leste de Lión pertencían ao departamento veciño. Co crecemento de Lión e o desenvolvemento da área urbana sobre as comunas suburbanas de Lión, os límites do departamento foron considerados pouco prácticos, polo que Ródano foi ampliado varias veces incorporando os suburbios de Lión dos departamento veciños, incrementando a súa área de 2,791 km² a 3,249 km² (un 16.4%).

Dende o 1 de xaneiro de 2015 a aglomeración de Lión acadou status propio (metrópole de Lión), sendo desligada do departamento que dende entón só conta cos territorios exteriores á dita aglomeración. Deste xeito, o departamento do Ródano, tamén chamado Novo Ródano, só abarca os territorios exteriores á metrópole de Lión.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica (poboación censada)
1801 1831 1841 1851 1856 1861 1866
299.390 434.980 500.831 574.745 625.991 662.493 678.648
1872 1876 1881 1886 1891 1896 1901
670.247 705.131 741.470 772.912 806.737 839.329 843.179
1906 1911 1921 1926 1931 1936 1946
858.907 915.581 956.566 993.915 1.046.028 1.028.379 918.866
1954 1962 1968 1975 1982 1990 1999
966.782 1.116.664 1.325.571 1.429.647 1.445.208 1.508.966 1.578.869

Notas:

  • O 2 de marzo de 1852, catro comunas de Isère pasaron a formar parte de Ródano.
  • O 31 de decembro de 1967, seis comunas de Ain (con 12.689 habitantes en 1962) e outras 23 de Isère (con 51.718 habitantes en 1962) incorporáronse a Ródano.
  • O municipio de Colombier-Saugnieu (812 habitantes en 1968) pasou de Isère a Ródano o 1 de abril de 1971.
  1. A histórica rexión do "Rhône" denomínase en galego "Ródano". Ver Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 121. ISBN 978-84-9749-504-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2014. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]