Strombolicchio
Tipo | illa formación volcánica | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Eolias | |||
Situado na entidade xeográfica | Illas Eolias | |||
Localización | ||||
División administrativa | Lípara, Italia (pt) | |||
Localización | Mar Tirreno | |||
| ||||
Bañado por | Mar Tirreno | |||
Características | ||||
Dimensións | 0,052 () × 0,131 () km | |||
Superficie | 0,003 km² | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1925 | |||
Strombolicchio (italiano: Isola di Strombolicchio[1]) é unha gran rocha de orixe volcánica a 2 km ao nordés da illa de Stromboli nas Illas Eolias en Italia.
Características
[editar | editar a fonte]Xeoloxicamente, Strombolicchio é un colo volcánico de basalto moi duro e compactado resistente á erosión, é o resto do volcán orixinal que formou a illa de Stromboli, cuxas erupcións cesaron aproximadamente hai 200.000 anos, cando a actividade volcánica se desprazou 3 km. cara ao suroeste. É a única parte aérea dunha plataforma submarina que se estende entre ela e a illa principal. Está totalmente desprovista de auga e terras de cultivo, polo que está deshabitada.
Un faro alimentado por enerxía solar atópase na súa cima, comunicado por unha escaleira de formigón de máis de 200 pasos. A illa é unha atracción turística de Stromboli.
O nome é un diminutivo de Stromboli. Unha lenda, transmitida polos habitantes de Stromboli, di que Strombolicchio non é máis que a tapa do volcán, lanzada ao mar durante unha violenta erupción.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Outra vista do illote.
-
Strombolicchio visto desde Stromboli.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Strombolicchio |