Steve McCurry
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1950 Filadelfia, Pensilvania, Estados Unidos |
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade Estatal de Pensilvania |
Actividade | |
Ocupación | Fotógrafo |
Empregador | Magnum Photos |
Membro de | Magnum Photos (1986–) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | www.stevemccurry.com |
Steve McCurry, nado o 23 de abril de 1950 en Filadelfia, é un fotógrafo estadounidense, mundialmente coñecido por ser autor da fotografía A nena afgá, publicada na portada da revista National Geographic en xuño de 1985.[1] É membro da axencia Magnum dende 1986.[2]
McCurry recibiu numerosos premios, entre eles o Fotógrafo de Revista do Ano, outorgado pola National Press Photographers Association, ou a Medalla do Centenario da Royal Photographic Society. Amais, dúas das súas fotografías foron seleccionadas no primeiro posto do concurso World Press Photo.
Biografía
[editar | editar a fonte]Estudos
[editar | editar a fonte]Comezou estudando Historia da Cinematografía e Cinematografía na Universidade Estatal de Pensilvania en 1968, pero rematou conseguindo o diploma en Artes Escénicas, graduánduse cum laude en 1974. Interesouse enormemente pola fotografía cando comezou a tomar imaxes para un xornal de Pensilvania, coñecido como The Daily Collegian.
Carreira fotográfica
[editar | editar a fonte]A súa carreira como fotógrafo comeza coa cobertura da guerra de Afganistán, alí disfrazouse coa vestimenta do país para pasar inadvertido ao traballar, e coseu os carretes á roupa para poder sacalos do país. As súas imaxes estiveron entre as primeiras que retrataron o conflito e tiveron unha ampla circulación. Este traballo fixo que en 1980 gañara a Medalla de Ouro Robert Capa á mellor reportaxe fotográfica no estranxeiro.
McCurry continuou cubrindo conflitos internacionais, como a guerra entre Irán e Iraq ou a guerra do golfo. O seu traballo foi publicado en revistas en todo o mundo, sendo un colaborador habitual de National Geographic.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wallis Simons, Jake. "The story behind the world's most famous photograph". CNN (en inglés).
- ↑ "It's all mixed: an interview with Steve McCurry". GUP Magazine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)