Stade Olympique de la Pontaise
Aparencia
Stade Olympique de la Pontaise | |
---|---|
Coordenadas | 46°32′02″N 6°37′30″L / 46.534, 6.625 |
Localización | Lausana |
Inauguración | 1904 |
Capacidade | 50000 |
Eventos | |
Mundial de Fútbol Suíza 1954 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Stade Olympique de La Pontaise é un estadio de fútbol, situado na cidade de Lausana, capital do cantón de Vaud en Suíza. Serve de sede habitual ao FC Lausanne-Sport, que actualmente milita na Axpo Super League, a primeira división suíza.
Copa do Mundo 1954
[editar | editar a fonte]Durante a quinta edición da Copa do Mundo de Fútbol xogáronse neste estadio tres partidos da primeira fase, un duelo de cuartos de final e unha semifinal. O partido de cuartos, Austria 7-5 Suíza, é o duelo con máis goles na historia dos Mundiais ata o momento (2010).
Estes son os partidos do mundial de 1954 que se xogaron neste estadio:
- Primeira fase
- (16 de xuño): Iugoslavia-Francia (Iugoslavia derrotou a Francia por 1-0). Houbo 27.000 espectadores.
- (17 de xuño): Suíza-Italia (Suíza derrotou a Italia por 2-1). Houbo 43.000 espectadores.
- (19 de xuño): Brasil-Iugoslavia (empate 1-1). Houbo 40.000 espectadores.
- Cuartos de final (26 de xuño): Austria-Suíza (Austria derrotou con moitas dificultades a Suíza nun dos partidos máis espectaculares e incribles da historia da Copa do Mundo. O resultado foi de 7-5). Houbo 35000 espectadores.
- Semifinal (30 de xuño): Hungría-Uruguai (Hungría derrotou ao Uruguai por 4-2 e meteuse na final, final na que se enfrontou á República Federal Alemaña. O vencedor do Mundial foi a RFA). Houbo 37000 espectadores.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stade Olympique de la Pontaise |