Saltar ao contido

Stade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaStade
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 53°36′03″N 9°28′35″L / 53.6008, 9.4764
EstadoAlemaña
Estado federadoBaixa Saxonia
District of Lower Saxony (en) TraducirStade (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Bremen-Verden
Stade (pt) Traducir
Q1787518 Traducir (1885–1932)
Stade Government Region (en) Traducir (1885–1978) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación48.708 (2023) Editar o valor en Wikidata (442,52 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie110,07 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porSchwinge Editar o valor en Wikidata
Altitude9 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
7 de agosto de 1712Siege of Stade (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoSilvia Nieber (pt) Traducir (2011–2019) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal21680, 21682, 21683 e 21684 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico04141 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webstade.de Editar o valor en Wikidata

Stade (en baixo alemán Stood) é unha cidade de 47 579 habitantes, na Baixa Saxonia, Alemaña. É a capital do distrito (Landkreis) do mesmo nome do que forma parte xunto a Buxtehude e outras localidades menores.[1]

Stade ostenta os títulos de "Cidade Hanseática" (Hansestadt) e "Municipio independente" (Selbständige Gemeinde). A igrexa de San Wilhadi conserva un valioso órgano monumental,[2] ao igual que a igrexa de Santo Cosme e Damián.[3] O centro alberga numerosos edificios históricos. O pequeno porto histórico hanseático é característico.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Stade atópase nun outeiro de area sólida que sobresae no val do río Elba. A paisaxe circundante é unha chaira inundable case plana. Entre Stade e Hamburgo está a rexión de Altes Land, que se estreita e a paisaxe ao nordeste chámase "Kehdingen".[5]

Stade é unha das cidades máis antigas do norte de Alemaña. Os primeiros asentamentos humanos na zona de Stade remóntanse ao 30.000 a. C., pero a actual cidade foi fundada arredor do ano 800, preto dun antigo castelo saxón abandonado (Schwedenschanze).[6] En 994 a cidade mencionouse por primeira vez debido a un ataque viquingo.

Até o século XIII, a importancia de Stade derivou da súa posición como único punto de paso do baixo Elba. A ruta comercial levaba desde a península de Xutlandia a través de Schleswig-Holstein até o porto de Itzehoe e atopaba as rutas comerciais a Paderborn e Hannover. Despois da extinción dos condes de Stade, a cidade pasou a mans de Henrique o León.[7] En 1209, o emperador Otón IV concedeu a Stade os privilexios dunha cidade, tanto que o arcebispado de Bremen foi confirmado en 1236.[8]

Na Idade Media Stade foi membro da Liga Hanseática, pero despois foi eclipsada por Hamburgo. En 1279 o municipio deuse a súa propia constitución, os "Estatutos de Stade". A reforma protestante foi introducida en 1522.

Idade Moderna e Contemporánea

[editar | editar a fonte]

Despois da Guerra dos Trinta Anos, Stade foi ocupado por Suecia en 1645 e formou parte de Suecia até 1712. A cidade serviu como capital dos territorios suecos no nordeste de Alemaña, e algúns dos edificios construídos polos suecos aínda están en uso na actualidade.

No gran incendio do 26 de maio de 1659 arderon dous terzos da cidade; foi reconstruída segundo o mesmo proxecto. En 1355 e en 1712 Stade foi golpeado pola epidemia da peste negra, que matou polo menos entre o 30 e o 40% da poboación.

Despois dunha breve ocupación por Dinamarca, Stade formou parte do principado de Hannover desde 1715 até 1866, cando este estado foi anexionado por Prusia. O goberno prusiano permitiu finalmente a expansión da cidade e o desenvolvemento da industria e do comercio. Stade recibiu unha conexión ferroviaria.

Durante o período nazi, os xudeus de Stade foron deportados e asasinados, cando non conseguiron escapar. Durante a Segunda guerra mundial, Stade foi lixeiramente afectado polos bombardeos aliados. Ao terminar a guerra, a cidade recibiu poboación do Leste.

Sitios de interese

[editar | editar a fonte]

O centro histórico é un dos máis fermosos de Alemaña. Situado na illa do río Schwinge e rodeado de antigas fortificacións suecas, ten moitas casas antigas con entramado de madeira. O pintoresco porto hanseático forma o núcleo do centro histórico, con numerosos bares de viño e restaurantes ao aire libre no verán.

Os edificios máis importantes son as dúas igrexas de Cosme e Damián e San Wilhadi, ambas medievais. O antigo concello foi construído despois do gran incendio de 1667. O goberno sueco legou o Schwedenspeicher (mercado) e a Zeughaus (casa de armamento). O mosteiro de San Xoán (Johanniskloster) está situado preto da igrexa dos Santos Cosme e Damián.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Startseite ; Landkreis Stade". www.landkreis-stade.de. Consultado o 2023-09-16. 
  2. "Former Arp Schnitger-organ Stade, St. Wilhaldi". arpschnitger.nl. Consultado o 2023-09-16. 
  3. "Stade – St. Cosmae und Damiani – Orgel Verzeichnis – Orgelarchiv Schmidt" (en alemán). Consultado o 2023-09-16. 
  4. NDR. "Stade: Stadt mit vielen Sehenswürdigkeiten im Alten Land". www.ndr.de (en alemán). Consultado o 2023-09-16. 
  5. "Niedersächsische Bibliographie - 1.81". www.niedersaechsische-bibliographie.de. Consultado o 2023-09-16. 
  6. "Die „Schwedenschanze“ ein frühmittelalterliches Zentrum an der Schwinge". AG Archäologie Stade (en alemán). Consultado o 2023-09-16. 
  7. "SAXONY NOBILITY". fmg.ac. Consultado o 2023-09-16. 
  8. "Stade by Braun and Hogenberg". sanderusmaps.com ; Sanderus Antique Maps - Antique Map Webshop (en inglés). Consultado o 2023-09-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]