Soiuz 19
Soiuz 19 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 15 de xullo de 1975, 12:20 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 5,94 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento cunha cápsula Apolo.[2][6] |
Regreso | 21 de xullo de 1975, 10:51 GMT[1][6] |
NSSDC ID | 1975-065A |
Masa | 6800,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 19 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 15 de xullo de 1975 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz 19, cos cosmonautas Aleksei Leonov e Valeri Kubasov a bordo, foi lanzada para acoplarse a unha cápsula Apolo estadounidense ocupada polos astronautas Vance Brand, Deke Slayton e Tom Stafford no marco do Proxecto de probas Apollo-Soiuz (ASTP pola súa sigla en inglés). ASTP foi o primeiro acoplamento en órbita de dúas naves de nacións distintas e unha mostra do achegamento entre as dúas potencias rivais. A nave Apolo foi lanzada unhas horas despois de que o fixera a Soiuz 19.[2][3][4][5]
As naves atopáronse no espazo e acopláronse o 17 de xullo. As tripulacións pasaron dunha nave a outra e levaron a cabo diversas actividades, entre elas conceder entrevistas a radios e televisións. As naves separáronse despois de 44 horas acopladas para facer algúns experimentos e volveron a unirse durante tres horas máis, despois das cales as naves separáronse definitivamente. A Soiuz 19 volveu a terra despois de case 6 días en órbita, aterrando a 87 km ao nordeste de Arkalyk (Kazakhstán) o 21 de xullo de 1975 ás 10:51 GMT.[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 19 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 19" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "ASTP-Soyuz" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 26 September 1975 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (75-19689). 30 de setembro de 1975: 2. Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 19" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 16, 19 (7K-TM, 11F615A12)" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 19" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2017.