Soiuz 1
Soiuz 1 | |
---|---|
Diagrama dunha Soiuz 7K-OK como a usada na misión Soiuz 1 | |
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 23 de abril de 1967, 00:35 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz 11A511[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 24 horas[2][6] |
Obxectivo da misión | Voo de proba da nova Soiuz 7K-OK.[2][6] |
Regreso | 24 de abril de 1967[1][6] |
NSSDC ID | 1967-037A |
Masa | 6450,0 kg[2][5][6] |
Soiuz 1 foi o nome da primeira misión tripulada dunha cápsula Soiuz, en concreto unha cápsula modelo 7K-OK. Foi lanzada o 23 de abril de 1967 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur e rematou en traxedia.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]A misión de Soiuz 1 foi probar a nova cápsula Soiuz 7K-OK por primeira vez cun cosmonauta a bordo, Vladimir Komarov, e tras tres voos de proba non tripulados que finalizaron con problemas. O plan era lanzar a Soiuz 2 con tres tripulantes a bordo o día posterior á Soiuz 1 e facer manobras conxuntas no espazo.[2][3][4][5]
Pouco despois do lanzamento comezaron os problemas para Komarov: un dos dous paneis solares da cápsula Soiuz non se despregou, quedando pegado do módulo de servizo. Ademais apareceron dificultades co control da nave debido a interferencias entre o sistema de control a reacción e os sensores de fluxo de ións que proporcionaban información sobre a posición da nave. O control de terra decidiu que Komarov debía volver, dadas as condicións do voo. O primeiro intento de retropropulsión para a reentrada atmosférica non tivo éxito debido aos problemas de orientación da nave, así que Komarov fixo un acendido manual, que logrou sen problemas. A reentrada produciuse con normalidade e o paracaídas de freado funcionou sen problemas, pero debido a un fallo nun sensor de presión o paracaídas principal non chegou a despregarse. Komarov deu activado o paracaídas de reserva, pero leouse co de freado, impedindo que funcionara. O impacto contra terra, cerca da cidade de Oremburgo e sobre as 7:00 do 24 de abril, esnaquizou o módulo de descenso e matou a Komarov.[2][4][5]
O accidente da Soiuz 1 foi a continuación dos problemas atopados nos voos de proba non tripulados anteriores e das presións políticas para ser lanzada a pesar de todo. O voo programado da Soiuz 2 non tivo lugar ata varios meses despois.[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz 1 |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 1" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2017.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 1" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 30 May 1967 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (67-13797). 14 de xuño de 1967: 2. Consultado o 29 de agosto de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soiuz 1" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 1, 3, 4 (7K-OK, active)" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 1" (en inglés). Consultado o 29 de agosto de 2017.