Saltar ao contido

Patriarcado

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sociedade patriarcal»)

O patriarcado é un concepto da antropoloxía que describe unha organización sociopolítica e cultural en que a totalidade das relacións sociais estrutúrase polo dominio do home. Nesta ideoloxía inclúese unha valoración desigual entre homes e mulleres, establecendo que eles son superiores e elas inferiores. A teoría do patriarcado foi unha das primeiras teorías feministas.[1][2]

O patriarcado é o poder, público ou privado, do home sobre a muller. É unha división do poder, que define valores diferentes para persoas diferentes e que uns están por riba de todo o resto. Nun sistema patriarcal, o machismo, indica que ten que ser, sentir, pensar e facer para non ir para abaixo na pirámide de poder. A palabra machismo foi creada para nomear calquera tipo de opinión, disposición ou práctica que diferenza de forma negativa o feito de ser muller. Non arremete unicamente sobre as mulleres, senón tamén sobre os homes que polos seus gustos, forma de ser ou por non cumprir as normas e comportamento supostamente asignadas a homes ou á masculinidade estándar dunha comunidade ou sociedade.[3]

O termo patriarcado tamén é usado en sistemas xerárquicos dalgunhas igrexas, tal como a ortodoxa grega e a ortodoxa rusa, e en sistemas sociais de familia en que os pais teñen autoridade suprema nas súas familias, en que os membros masculinos da sociedade predominan en posicións de poder, e en que a posición de máis poder vai ser propiedade dun varón.

  1. (en catalán) Sistema patriarcal Arquivado 06 de xullo de 2017 en Wayback Machine. Tallers per la igualtat, Centre Dolors Piera d'Igualtat d'Oportunitats i Promoció de les Dones, Universitat de Lleida
  2. (en catalán) Margot Pujal i Llombart, El feminisme, editorial UOC, 2005. ISBN 9788497883757
  3. (en catalán) Xabier Iturbe, Coeducar a l'escola infantil: Sexualitat, amistat i sentiments, editorial Graó, 2015. ISBN 9788499805894

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]