Saltar ao contido

Sirikit

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaA Súa Graza Editar o valor en Wikidata
Sirikit

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(th) สิริกิติ์ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(th) สิริกิติ์ กิติยากร Editar o valor en Wikidata
12 de agosto de 1932 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Pathum Wan (Tailandia) Editar o valor en Wikidata
Regent of Thailand (en) Traducir
22 de outubro de 1956 – 5 de novembro de 1956
Consort of Thailand (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaChitralada Royal Villa (en) Traducir
Klai Kangwon Palace (en) Traducir
Thewet palace (en) Traducir
Dusit Palace (en) Traducir
Grande Palácio de Bangkok (pt) Traducir
Villa Vadhana (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoTai (grupo étnico) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo e Theravada Editar o valor en Wikidata
EducaciónRajini School (en) Traducir
St. Francis Xavier Convent School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro e cabelo cinza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Bangkok Editar o valor en Wikidata
OcupaciónRaíña
Xénero artísticoBlues Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarForças Armadas da Tailândia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rango militarfield marshal (en) Traducir
Admiral of the fleet (en) Traducir
marshal of the air force (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloRaíña nai (2016–)
Queen Consort of Thailand (en) Traducir (1950–2016)
Queen Regent (en) Traducir
Raíña Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia Chacri (pt) Traducir e House of Mahidol (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeBhumibol Adulyadej (1950–2016), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosUbolratana Rajakanya, Maha Vajiralongkorn, Sirindhorn, Chulabhorn Walailak Editar o valor en Wikidata
PaisNakkhatra Mangala, 2nd Prince of Chanthaburi Editar o valor en Wikidata  e Mom Luang Bua Kitiyakara Editar o valor en Wikidata
IrmánsBusba Kitiyakara
Kalyanakit Kitiyakara
Adulakit Kitiyakara Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Wedding of King Bhumibol Adulyadej and Sirikit Kitiyakara (en) Traducir
Celebrations for Queen Sirikit’s 80th Birthday (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1165485 WikiTree: Kitiyakara-2

Sirikit (tailandés: สิริกิติ์), nada Sirikit Kitiyakara en Bangkok o 12 de agosto de 1932, é a raíña nai de Tailandia. Foi raíña consorte de Bhumibol Adulyadej entre 1950 e 2016, e actuou como rexente do 22 de outubro ao 5 de novembro de 1956 e é a nai do rei Vajiralongkorn.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Sirikit durante a súa xura como rexente

Naceu co título de Mom Rajawongse, que indica parentesco coa familia real. Seu pai era Mom Chao Nakkhatra Mangala, fillo do príncipe Kitiyakara Voralaksana e súa nai Mom Luang Bua Kitiyakara. Pasou os seus primeiros meses de vida cos seus avós maternos. Seu pai estaba destinado como secretario na embaixada de Siam nos Estados Unidos e súa nai foi co seu marido tres meses despois de ter a Sirikit. Seus pais volveron ao país cando ela tiña dous anos e medio e a familia estableceuse no palacio Deves e alí viviu cos seus irmáns Kalyanakit (1929-1987), Adulakit (1930-2004) e Busba (1934- ). Comezou a estudar na na escola feminina Rajini, frecuentada por membros da familia real e da nobreza, pero tras o inicio da segunda guerra mundial e os bombardeos sobre Bangkok, a familia decidiu cambiala ao colexio do convento de San Francisco Xavier, próximo ao palacio.

En 1946 seu pai converteuse no embaixador no Reino Unido e a familia trasladouse a Londres e nos anos seguintes foi embaixador en Dinamarca e Francia. Nesa época ela estaba a adquirir os coñecementos para se converter en concertista de piano e seu primo, o rei Bhumibol Adulyadej estaba a estudar en Suíza e facía frecuentes visitas a París e nunha desas visitas coñecéronse, ela tiña entón 15 anos. A mediados de 1948 Sirikit marchou a Londres ao volver seu pai a exercer as súas funcións diplomáticas na capital británica mais o 4 de outubro de 1948 o rei sufriu un accidente de tránsito en Suíza e ela voou a Lausana para visitalo no hospital e logo de sucesivos encontros a relación fortaleceuse[1]. A parella prometeuse o 19 de xullo de 1949 e a voda celebrouse o 28 de abril de 1950, unha semana antes da coroación do rei, no palacio Sa Pathum presidida pola raíña Savang Vadhana. Sirikit recibiu a Orde da Real Casa de Chakri e converteuse en raíña e logo da coroación que se celebrou o 5 de maio de 1950 a parella volveu a Suíza para continuar cos seus estudos para regresar en 1952 a Bangkok xa coa primoxénita, Ubol Ratana que nacera o ano anterior en Lausana. O herdeiro naceu xa en Tailandia en xullo de 1952 e a princesa Sirindhorn en 1955.

Cando en 1956 o rei entrou como monxe nun mosteiro budista[2], seguindo a tradición en Tailandia que indica que os homes han seguir a vida monástica durante algún período das súas vidas, a raíña xurou como rexente o 22 de outubro e exerceu como tal ata o 5 de novembro dese ano. Foi a segunda raíña en servir oficialmente como rexente, a primeira fora a raíña Saovabha Phongsri en 1897. En 1957 naceu o seu último fillo, a princesa Chulabhorn. Entre 1959 e 1967 realizou múlitples viaxes internacionais, co seu esposo, para promocionar o seu país que recibiron ampla cobertura da prensa que a considerou unha das mulleres máis belas e elegantes do planeta[3].

Non realiza comparencencias públicas dende 2012 cando lle diagnosticaron cardiopatía isquémica pola que permaneceu hospitalizada ata 2016[4]. Ao longo do seu reinado ocupouse de numerosas funcións caritativas, como a presidencia da Cruz Vermella tailandesa dende 1956, e conta con diversas condecoracións nacionais e internacionais. A súa data de nacemento, o 12 de agosto, celébrase como festa nacional en Tailandia e tamén se converteu no Día da Nai[5].

  1. Handley, Paul M. (2006). The King Never Smiles: A Biography of Thailand's Bhumibol Adulyadej. Yale University Press. p. 104. 
  2. Guida M. Jackson (1999). Women Rulers Throughout the Ages: An Illustrated Guide. ABC CLIO. p. 364. 
  3. "La fascinante historia de Sirikit, madre del polémico rey de Tailandia: La reina más bella delmundo que vestía de Alta Costura". Vanity Fair. 14 de abril de 2020. 
  4. "La reina Sirikit de Tailandia, hospitalizada por una gripe". ABC. 21 de agosto de 2018. 
  5. Gerald W. Fry, Gayla S. Nieminen, Harold E. Smith (2013). Historial Dictionary of Thailand. Scarecrow Press. p. 327.