Saltar ao contido

Setra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Setra S8 de 1951.

Setra é unha marca de autocares para o transporte de pasaxeiros fabricados pola empresa EvoBus GmbH na súa planta de Neu-Ulm, Alemaña. Recentemente se converteu en filial de Daimler Truck AG.

O nome «Setra» provén da palabra en alemán «Selbsttragend» (autoportante), que fai referencia á característica integral utilizada na construción dos vehículos na década de 1950 cando as empresas competidoras aínda producían vehículos co chasis separado do corpo principal (os cales a miúdo eran fabricados por distintas empresas). É probable que a elección do nome tamén fose influenciada en estratexias de mercadotecnia para gañar mercados de exportación, xa que o nome «Kässbohrer» podía ser difícil de pronunciar para persoas que non falan a lingua alemá.

Até 1995 a empresa operou baixo o nome Kässbohrer-Setra, pero por mor de dificultades económicas ese ano foi vendida a Daimler-Benz AG, a que a partir de 1998 pasou a ser referida polo nome de DaimlerChrysler AG e posteriormente Daimler AG. Desde 1995, Setra é unha das marcas de EvoBus GmbH, empresa filial de Daimler Truck AG.

Setra S431 DT actual.

Top Class

[editar | editar a fonte]

Gama de autocares de luxo e de máis categoría do construtor alemán que inclúe:

  • S 515 HDH
  • S 516 HDH
  • S 517 HDH
  • S 431 DT
  • S 531 DT

Confort Class 500

[editar | editar a fonte]

Gama de autocares de uso interurbano e para viaxes, lanzada ao mercado en xaneiro de 2013, que inclúe:

  • S 511 HD
  • S 515 HD
  • S 516 HD
  • S 516 HD/2
  • S 517 HD
  • S 519 HD

Multi Class

[editar | editar a fonte]

Gama de autobuses de uso urbano e convencional que inclúe:

  • S 412 UL Euro VI
  • S 415 UL Euro VI
  • S 416 UL Euro VI
  • S 417 UL Euro VI
  • S 419 UL Euro VI
  • S 415 H Euro VI
  • S 416 H Euro VI
  • S 415 UL Business Euro VI
  • S 416 UL Business Euro VI
  • S 417 UL Business Euro VI
  • S 415 LLE Business Euro VI
  • S 416 LLE Business Euro VI

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]