Sergio Gil
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 10 de maio de 1996 (28 anos) Zaragoza, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2014 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Sergio Gil Latorre, nado o 10 de maio de 1996 en Zaragoza (Aragón), é un futbolista profesional español da canteira do Real Zaragoza, que xoga como centrocampista no Extremadura UD da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Zaragoza, Aragón, Gil formouse nas categorías inferiores do principal club da súa cidade natal, o Real Zaragoza. Tras progresar na canteira do club maño, asina un contrato co primeiro equipo o 7 de agosto de 2013, debutando co filial, o Real Zaragoza B, na Segunda División B. O 14 de marzo de 2015 xoga o seu primeiro partido como profesional no primeiro equipo, saíndo como en substitución de Ruiz de Galarreta no empate 0–0 ante o CD Lugo na Romareda. Para a temporada 2016−17, o seu bo rendemento chama a atención de equipo como o Olympique de Marsella,[1] o AS Mónaco ou o Villarreal CF.[2] Con todo, problemas co seu contrato complican a súa situación. Finalmente, o xogador é traspasado ao Club Deportivo Lugo o 31 de agosto de 2016, asinando co club galego un contrato por tres temporadas.
Clubs
[editar | editar a fonte]Club | Categoría | Ano | PX | Goles |
---|---|---|---|---|
Real Zaragoza B | Segunda B | 2014–2015 | 19 | 1 |
Real Zaragoza | Segunda | 2014–2015 | 3 | 0 |
Real Zaragoza | Segunda | 2015–2016 | 17 | 0 |
Lugo | Segunda | 2016–2017 | 30 | 0 |
Lugo | Segunda | 2017–2018 | 10 | 0 |
Lugo | Segunda | 2018–2019 | 22 | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sergio Gil se deja ver en las oficinas del Olympique de Marsella". El Desmarque. 20 de xullo de 2016.
- ↑ Luis Ferrer, Pedro (9 de xuño de 2016). "El Villarreal, tras la maniobra del representante de Sergio Gil". Diario As.