Scott McCloud
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de xuño de 1960 (64 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Syracuse Lexington High School |
Actividade | |
Ocupación | artista de banda deseñada, escritor, pintor |
Xénero artístico | Banda deseñada |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Arquivos biográficos da biblioteca e museo Billy Ireland Cartoon Obálky knih, |
Sitio web | scottmccloud.com |
Scott McCloud nado como Scott McLeod en Boston (Massachusetts) o 10 de xuño de 1960 é un creador de bandas deseñadas estadounidense e defensor do cómic como unha forma literaria e de arte autónoma.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]McCloud comezou a destacarse como autor de bandas deseñadas coa serie de ficción científica Zot!, publicada entre 1984 e 1990 por Eclipse Comics.[1] O seu traballo na serie proporcionoulle unha candidatura ao premio Eisner de "Mellor Escritor e Debuxante" en 1988.[2]
Os seus outros traballos de banda deseñada inclúen Destroy!!, a novela gráfica The New Adventures of Abraham Lincoln e o guión de doce edicións de Superman Adventures da DC Comics (revista baseada na serie animada Superman: The Animated Series producida por Bruce Timm), a miniserie Superman: Strength, e a súa novela gráfica The Sculptor, lanzada en 2015.[3]
A súa popularidade, no entanto, é maior como teórico da banda deseñada, debido aos seus libros Entender o cómic (1993) e Reinventing Comics: How Imagination and Technology Are Revolutionizing an Art Form (2000).[4]
En 2006, publicou Making Comics: Storytelling Secrets of Comics, Manga and Graphic Novels. Nesas obras, todas presentadas como bandas deseñadas, McCloud aborda todo o proceso de creación de historias nese formato, analizándoo tanto polos aspectos conceptual e artístico como tamén polo técnico e comercial.
Soctt McCloud foi tamén un dos pioneiros na produción de webcómics e creador do concepto de 24 horas de cómic (24-hour comic), en que un único artista traballa durante 24 horas ininterrompidas creando unha historia de 24 páxinas.[1][5] A idea, que xurdiu dun desafío persoal co debuxante Stephen Bissette, dende entón logrou un número significativo de adeptos.[6]
O 1 de setembro de 2008, para divulgar o lanzamento do navegador Google Chrome, a Google publicou en Internet unha nota de prensa en formato de cómic debuxada por McCloud.[7]
Recepción e legado
[editar | editar a fonte]McCloud ten sido chamado o "Marshall McLuhan da banda deseñada".[1]
Obras
[editar | editar a fonte]- Zot!
- Zot!: Book One (Eclipse Books, 1991)
- Zot!: Book Two (Issues 11-15 & 17-18) (Kitchen Sink Press, 1998)
- Zot!: The Complete Black and White Collection: 1987-1991 (Harper Paperbacks, 2008)
- Understanding Comics
- Understanding Comics: The Invisible Art (1993). Editado en galego como Entender o cómic. A arte invisible[8]
- Reinventing Comics: How Imagination and Technology Are Revolutionizing an Art Form (2000)
- Making Comics: Storytelling Secrets of Comics, Manga and Graphic Novels (2006)
- The New Adventures of Abraham Lincoln (Image Comics, 1998)
- 24 Hour Comics (editor) (About Comics, 2004)
- Destroy! (Oversized Edition) (Eclipse Books, 1986)
- The Sculptor (First Second, 2015)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Medeiros, Estefani (1-4-2015). "Após 30 anos escrevendo sobre HQs, McCloud lança elogiada "The Sculptor"". UOL (en portugués).
- ↑ "1988 Will Eisner Comic Industry Award Nominees". Comic Book Almanac (en inglés). Consultado o 6-7-2017.
- ↑ Scott McCloud Unpacks and Defends The Sculptor’s Ending
- ↑ Desenhando Quadrinhos – O Segredo das Narrativas de Quadrinhos, Mangás e Graphic Novels
- ↑ "24 Hour Comics Website". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2018. Consultado o 07 de xaneiro de 2018.
- ↑ The 24-Hour Comics Index
- ↑ Google Chrome, behind the Open Source Browser Product
- ↑ Entender o cómic
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Scott McCloud |