Sauber C31
Sauber | |
---|---|
Información | |
País | Suíza |
Fabricante | Sauber Motorsport[1] |
Deseñador | James Key (Director técnico)[2] |
Produción | |
Predecesor | Sauber C30 |
Sucesor | Sauber C32 |
Longo | 5.195 mm |
Largo | 1.800 mm |
Alto | 1.000 mm |
Peso | 640 Kg. mínimo (con auga, lubricante e piloto) |
Chasis | |
Suspensión | |
Motor | Ferrari Tipo 056, V8 (90º) atmosférico central 2398 cm³, limitado a 18000 RPM con KERS |
Potencia | |
Transmisión | |
Tracción | Posterior |
Freos | |
Prestacións | |
Pneumáticos | Pirelli P Zero (seco), Cinturato (mollado)[3] Lamias OZ (dianteiras e traseiras): 13" |
Debut | Gran Premio de Australia de 2012 |
Pilotos | 14. Kamui Kobayashi[4] 15. Sergio Pérez[4] |
Carreiras | 20 |
Gañadas | 0 |
Poles | 0 |
Voltas rápidas | 2 |
Camp. Cons. | 0 |
Camp. Pilt. | 0 |
* Páxina oficial de Sauber |
O Sauber C31[5] é un coche de carreiras de Fórmula Un deseñado por Sauber para participar na tempada de Fórmula Un de 2012. O coche será pilotado por Kamui Kobayashi e Sergio Pérez. O director técnico James Key anunciou que deixaba o equipo tan só catro días antes da presentación do C-31 en Xerez da Fronteira.[2][6]
A diferenza dos coches anteriores tales como o Sauber C29 e, en menor medida, o C30, o C31 loce moitos máis patrocinadores no automóbil, tales como Telmex, Telcel , Claro, Chelsea FC, Tequila Cuervo, Visitar México, Oerlikon, Nec e Certina. Moitos dos cales son empresas Mexicanas traídas polo piloto titular Sergio Pérez e piloto de reserva Esteban Gutiérrez.
Resumo da tempada
[editar | editar a fonte].
O C31 logrou o seu primeiro podio, con Pérez ao volante, no Gran Premio de Malaisia de 2012.[7]
No Gran Premio de España de 2012, apareceu no coche o logo do Chelsea FC.[8][9]
O 10 de xuño, Pérez logrou o seu segundo podio da tempada no Gran Premio do Canadá de 2012. Co terceiro posto, mentres que Kobayashi logrou un noveno posto para axudar a Sauber a ascender á sexta posición no Campionato de Construtores.[10]
No Gran Premio de Alemaña de 2012 o C31 logrou a súa mellor cantidade de puntos da tempada, con Kobayashi na quinta posición antes de que unha penalización a Vettel o aupara ao cuarto posto, Pérez quedou sexto, dándolle ao equipo 20 puntos nunha carreira. Esta foi a súa mellor puntuacíon desde o seu regreso á Fórmula Un como un equipo privado.[11][12]
No Gran Premio de Bélxica Kobayashi saíu segundo e Pérez cuarto (as mellores posicións na grella de saída da historia de Sauber). Ao comezo da carreira, Romain Grosjean provocou un espectacular accidente deixando fóra da carreira a si mesmo, a Pérez, ao líder do campionato, Fernando Alonso e a Lewis Hamilton. O Sauber de Kobayashi tamén resultou danado e terminou a carreira en 13ª posición.
O Gran Premio de Italia resultou ser un gran fin de semana para o equipo Sauber F1 e anotou 20 puntos. Pérez obtivo o segundo lugar (o seu terceiro podio da tempada), e Kobayashi o noveno. Pérez fixo unha gran carreira, adiantando a pilotos como Schumacher, Räikkönen, Rosberg, Massa e Alonso. O equipo Sauber fixo unha grande estratexia co coche de Pérez, comezando cos pneumáticos duros e cambiando a pneumáticos de composto medio na volta 30 de 53 (a estratexia oposta aos que comezaron na parte dianteira da grella). Kobayashi saíu no 8º lugar e terminou en noveno, anotando dous puntos.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Motor | Pneu. | Pilotos | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Puntos | Pos, |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2012 | Sauber F1 Team | Ferrari Type 056 | P | AUS | MAL | CHN | BHR | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | USA | BRA | 126 | 6º | |
Kamui Kobayashi | 6 | Ret | 10 | 13 | 5 | Ret | 9 | Ret | 11 | 4 | 18† | 13 | 9 | 13 | 3 | Ret | 14 | 6 | 14 | 9 | ||||||
Sergio Pérez | 8 | 2 | 11 | 11 | Ret | 11 | 3 | 9 | Ret | 6 | 14 | Ret | 2 | 10 | Ret | 11 | Ret | 15 | 11 | Ret |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.f1technical.net/f1db/cars/990/sauber-c31
- ↑ 2,0 2,1 Noble, Jonathan (3 February 2012). "Technical director James Key to part company with Sauber". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 4 February 2012.
- ↑ Noble, Jonathan (25 January 2012). "Pirelli tweaks tyre markings for 2012 F1 season". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 29 January 2012.
- ↑ 4,0 4,1 "Kobayashi and Perez to stay at Sauber in 2012". Formula1.com (Formula One World Championship). 28 July 2011. Consultado o 28 July 2011.
- ↑ "Sauber". Formula1.com. 14 December 2011. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 14 December 2011.
- ↑ Collantine, Keith (3 February 2012). "Sauber technical director James Key leaves the team". F1 Fanatic (Keith Collantine). Consultado o 4 February 2012.
- ↑ "Formula 1™ - The Official F1™ Website". Formula1.com. 2012-03-25. Consultado o 2012-08-13.
- ↑ http://www.f1aldia.com/15067/chelsea-fc-convierte-nuevo-patrocinador-sauber/
- ↑ Chelsea. "Chelsea join forces with Sauber F1 to increase global reach of the London club". Telegraph. Consultado o 2012-08-13.
- ↑ "Canadian GP: Race". Sauber F1 Team (Sauber F1). 11 June 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2012. Consultado o 11 June 2012.
- ↑ "Formula 1™ - The Official F1™ Website". Formula1.com. 2012-07-22. Consultado o 2012-08-13.
- ↑ "Formula 1™ - The Official F1™ Website". Formula1.com. 2012-07-22. Consultado o 2012-08-13.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sauber C31 |