Saltar ao contido

Jean-Paul Sartre

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sartre»)

Modelo:BiografíaJean-Paul Sartre

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Jean-Paul Charles Aymard Sartre Editar o valor en Wikidata
21 de xuño de 1905 Editar o valor en Wikidata
París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1980 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
XIV Distrito de París (Francia) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteedema Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLaon (1936–1937)
Le Havre (1931–1936)
La Rochelle
Meudon
París Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLycée Henri-IV
Liceo Louis-le-Grand
Cours Hattemer
École Normale Supérieure
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, epistemoloxía, Ética, política, fenomenoloxía e ontoloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo, escritor, escritor político, filósofo, xornalista de opinión, activista pola paz, Intelectual, membro da resistencia, crítico literario, epistemólogo, ensaísta, novelista, biógrafo, guionista, letrista Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofía contemporánea Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLiceo Condorcet Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoExistencialismo, ateísmo, fenomenoloxía, filosofía francesa, Marxismo e Filosofía continental Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioJacques Guillemin Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra de Alxeria
segunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaSimone de Beauvoir
Wanda Kosakiewicz
Michelle Vian
Olga Kosakiewicz Editar o valor en Wikidata
PaiJean-Baptiste Sartre Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
23 de abril de 1980Funeral (Crematorio e columbario do Père-Lachaise) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteUbuWeb
Obálky knih,
Pedagogues and Psychologists of the World (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0765683 IBDB: 9439
BNE: XX883713 Bitraga: 268 Dialnet: 21618 iTunes: 193502928 Musicbrainz: dfab8dec-17bc-48dc-9764-f849a3cb4236 WikiTree: Sartre-1 Find a Grave: 1161 Editar o valor en Wikidata

Jean-Paul Sartre, nado en París o 21 de xuño de 1905 e finado na mesma cidade o 15 de abril de 1980, foi un escritor e filósofo francés, representante da corrente existencialista, cuxa obra e personalidade marcaron a vida intelectual e política de Francia desde 1945 ata finais da década de 1970.

Escritor prolífico, fundador e editor da revista Les temps modernes (Os tempos modernos, en galego) (1945), foi coñecido tanto pola súa obra filosófica e literaria como polos seus compromisos políticos[n. 1], primeiro en relación co Partido Comunista, despois, na década de 1970, coas correntes de esquerda leninista[2] máis concretamente maoístas.

Intransixente e fiel ás súas ideas, rexeitou sempre tanto as honras como calquera forma de censura; rexeitou notablemente o Premio Nobel de Literatura en 1964.[3] Aínda que fixo unha notable excepción cando aceptou o título de doutor honoris causa da Universidade de Xerusalén en 1976. Negouse a dirixir unha serie de programas de televisión que lle ofreceron, porque requirían un modelo previo, e explicou: «Son demasiado vello para facer exames.» Contribuíu á creación do xornal Libération (1973), chegando a vendelo el mesmo nas rúas para dar máis publicidade ao seu lanzamento..

Sartre mantivo unha relación aberta coa destacada feminista e tamén filósofa existencialista Simone de Beauvoir. Xuntos, Sartre e de Beauvoir desafiaron as presuntas expectativas sociais e culturais da súa educación, que consideraban burguesa, tanto no estilo de vida como no pensamento. As súas filosofías, aínda que moi próximas, non se poden confundir. Desde 1949 ata a súa morte, mantivo simultaneamente un romance con Michelle Vian, a primeira esposa de Boris Vian, que mecanografaba os seus textos para publicalos na revista Les temps modernes.[4],[5].

Outros intelectuais xogaron para el un papel importante en diferentes etapas da súa vida: Paul Nizan e Raymond Aron, os seus compañeiros durante a etapa na Escola Normal Superior de París; Maurice Merleau-Ponty e Albert Camus nos anos da posguerra, e Benny Lévy (alias Pierre Victor) ao final da súa vida.

Segundo moitos comentaristas e para o propio Sartre, a súa vida foi dividida en dous pola segunda guerra mundial. Podemos distinguir entón dous grandes períodos na obra de Sartre: primeiro un enfoque filosófico teórico centrado na ontoloxía de L'Être et le Néant). (O Ser e a Nada) (1943) ; despois un período máis práctico, onde o autor busca aplicar o seu método exposto na Critique de la raison dialectique (Crítica da razón dialéctica) (1960)[6]. Este segundo período do seu traballo influíu fortemente en sociólogos cualitativistas como Erving Goffman.

Jean-Paul Sartre deixa atrás un traballo considerable, en forma de novelas, ensaios, obras de teatro, escritos filosóficos ou biografías. A súa filosofía marcou a posguerra, e é, con Albert Camus, un símbolo do intelectual comprometido. Do mesmo xeito que a este último, en 1957, tamén se lle concedeu o Premio Nobel de Literatura en 1964.

Do seu suposto compromiso coa resistencia en 1941 (compromiso cuestionado pola súa actitude problemática durante a ocupación), ata a súa morte en 1980, Sartre seguiu facendo titulares. De feito, estivo involucrado en moitos asuntos, abrazando ferventemente as causas que considera correctas. Ás veces foi comparado como o Voltaire[n. 2] do século XX, Sartre seguio sendo un activista ata o final da súa vida.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Xuventude e compromiso

[editar | editar a fonte]
Jean-Paul Sartre cara a 1910.

Jean-Paul Charles Aymard Sartre naceu o 21 de xuño de 1905 , no número 13 da rúa Mignard[8] no distrito 16 de París. Fillo único, procedía dunha familia burguesa[9] : súa nai Anne-Marie Schweitzer[10],[11] pertencía a unha familia de intelectuais e profesores alsacianos, os Schweitzer (era curmá de Albert Schweitzer[12]), o seu tío materno Georges Schweitzer, irmán da súa nai polo tanto, era politécnico, enxeñeiro en enxeñería marítima,[13],[n. 3] seu pai, Jean-Baptiste, era fillo dun médico de Thiviers[15], era tamén enxeñeiro da promoción de 1895, titulado en 1897 como oficial naval[16],[17],[n. 4]. A parella uniuse o 3 de maio de 1904 no Distrito 16 de París[19] e o pequeno Sartre, nado uns trece meses despois, nunca coñeceu a seu pai[n. 5], que morreu de febre amarela o 17 de setembro de 1906 , quince meses despois do seu nacemento[20].

De 1907 a 1917, o pequeno "Poulou", como lle chamaban, foi vivir coa súa nai a casa dos seus avós maternos. Alí pasou dez anos felices, adorado, malcriado, felicitado cada día, o que sen dúbida contribuíu a construír nel un certo narcisismo. Orfo aos quince meses, así que foi o seu avó, Charles Schweitzer, profesor asociado xubilado de alemán, autor de Deutsches Lesebuch, un método experimental recoñecido baixo a III República[21], que no educa antes de entrar na escola pública aos dez anos. Na gran biblioteca da casa Schweitzer descubriu a literatura moi cedo, e preferiu ler antes que socializar con outros nenos. Dende pequeno padeceu estrabismo,[22] tamén cando tiña tres anos perdeu case por completo a vista do ollo dereito, xa débil polo defecto conxénito, por mor dunha enfermidade infantil.[23] O período da infancia foi narrado polo propio Sartre na súa autobiografía Les Mots.[24][25]).

Este período remata o 26 de abril de 1917 cando a súa nai volveu casar con Joseph Mancy,[26] enxeñeiro marítimo[27],[n. 6], da mesma promoción que o seu irmán Georges e do seu defunto marido. Sartre, entón de 12 anos, nunca deixará de odiar ao seu padrasto. A parella trasladouse entón a La Rochelle[28], onde Sartre permanecerá ata a idade de 15 anos, tres anos que serán anos de calvario para el: pasa do ambiente familiar feliz á realidade dos estudantes de secundaria que lle parecen violentos e crueis..

No verán de 1920, Jean-Paul Sartre cae enfermo e é trasladado a París. Preocupado pola súa educación, que podería ser "pervertida" polos mozos rebeldes do liceo Eugène-Fromentin[31] de La Rochelle, a súa nai decide que o seu fillo quedará en París.

Anos de estudo

[editar | editar a fonte]
Jean-Paul Sartre, estudante da Escola Normal Superior de París en 1924.

Aos trece anos, estivo brevemente matriculado no liceo Montaigne[32]. Os 16 anos, Sartre volve ao liceo Henri-IV onde fora alumno en quinto e sexto. Alí coñece a Paul Nizan, tamén aprendiz de escritor, co que establecerá unha amizade tan estreita que foron alcumados. « Nitre et Sarzan »[33]. Apoiado por esta amizade, Sartre comeza a construirse unha personalidade propia. Para toda a «clase elitista» -"opción" latín e grego- na que estuda, Sartre convértese no SO, é dicir, o "sátiro oficial": sobresae de feito na faceta das bromas.

Sartre, sempre acompañado de Paul Nizan, prepara a proba de acceso a Escola Normal Superior no liceo Louis-le-Grand.[34] Alí fixo o seu debut literario, escribindo sobre todo dous contos, dúas historias sinistras de mestres de provincias, nos que mostraba a súa ironía e o seu desgusto polo convencional. Ao mesmo tempo, Sartre, xunto con Nizan, retoma o seu papel de animador público facendo bromas e pequenas obras entre clases. En 1924, dous anos despois da súa entrada en Louis-le-Grand, Sartre e Nizan foron ambos admitidos no concurso de ingreso para a Escola Normal Superior de París (ENS) [35],[36]

Sartre destacou inmediatamente no que Nizan deu en chamar "escola normal e superior". Sartre foi o formidable instigador de todas as bromas e arremedos, chegando mesmo a provocar un escándalo ao realizar un sketch antimilitarista cos seus amigos na revista da ENS de 1927, tras o cal Gustave Lanson, director da escola, dimitiu. Ese mesmo ano, asinou xunto cos seus compañeiros, e tras Alain, Lucien Descaves, Louis Guilloux, Henry Poulaille, Jules Romains, Séverine... , a protesta (publicada o 15 de agosto na revista Europa[37]) contra a lei de organización xeral da nación para tempos de guerra, que abrogaba toda independencia intelectual e toda liberdade de opinión.

Sartre xa ten gusto pola provocación e pola loita contra a autoridade. Tamén adquiriu gran notoriedade entre os seus profesores e recibía unha grande ovación cada vez que chegaba ao refectorio. Se Sartre é un bromista, tamén é un gran traballador, devora máis de 300 libros ao ano, escribe cancións, poemas, contos e novelas sucesivamente. Sartre trabou amizade con algúns dos que máis tarde se farían famosos, como Pierre-Henri Simon, Raymond Aron[38],[39], Maurice Merleau-Ponty e Henri Guillemin.

Con todo, durante os seus catro anos na *École normale supérieure, Sartre non pareceu interesarse pola política. Espontaneamente anarquista, non acudiu a ningunha manifestación, nin se entusiasmou por ningunha causa. Para sorpresa dos seus admiradores, que se preguntaban por un posible erro do xurado, Sartre suspendeu as oposicións de 1928 para a ser agregado de filosofía, mentres que Raymond Aron foi clasificado en primeiro lugar.[40],[41] El mesmo diria que era demasiado orixinal.

Simone de Beauvoir e Jean-Paul Sartre diante da estatua de Balzac en París

Preparándose a fondo para as oposicións por segunda vez, coñece no seu grupo de traballo a Simone de Beauvoir, presentada por un amigo común, René Maheu[n. 7], a quen alcumou "castor", en referencia ao inglés beaver (que significa "castor": por unha banda, este animal simboliza o traballo e a enerxía, ou o espírito construtivo deste animal; por outra banda, o son da palabra castor é próximo ao do nome 'Beauvoir'). Este alcume será adoptado por Sartre e ela converterase na súa compañeira ata o final da súa vida. Ela será o seu "amour nécessaire" (amor necesario) fronte aos "amours contingentes" (amores continxentes) que ambolos dous experimentarán.[43]. En 1929, no segundo intento[44], Sartre obtivo o primeiro posto no concurso para de funcionario. Simone de Beauvoir obtivo o segundo posto.[45].

Por consello de Raymond Aron, Sartre completa a partir de novembro de 1929 o seu servizo militar obrigatorio dun ano na sección de meteoroloxía do exército do aire, con Aron como sarxento de instrución.[46],[47][n. 8] O mesmo Raymond Aron aconselloulle en 1930 a lectura da Théorie de l'intuition dans la phenomenologie de Husserl (Teoría a intuición na fenomenoloxía de Husserl), unha obra de Emmanuel Levinas[n. 9]. Sartre consegue o libro. O descubrimento de Husserl foi para el unha sorpresa. Sartre dise a si mesmo: «Ah, pero xa atopou todas as miñas ideas».[49]

Pasa un ano no Instituto francés de Berlín, completa a súa iniciación á fenomenoloxía de Husserl. Ao seu regreso do servizo militar, con 26 anos entón, Sartre cobizou un posto de tradutor no Xapón, país que sempre lle interesou.[50]. O seu soño faise cachizas e en marzo de 1931 denégaselle unha praza e envíaselle ao Lycée de Le Havre, hoxe Lycée François-Ier. Foi o comezo dun calvario para Sartre, que tanto temía a vida ordenada e que tanto criticara nos seus escritos a aburrida vida dun mestre de provincias. De 1936 a 1939, ensina en Le Havre, Laon e París.

Anos en Le Havre: cruzando o deserto

[editar | editar a fonte]

Sartre entra entón de cheo na vida real, o traballo e a vida cotiá. Se cos seus modos choca un pouco cos pais e profesores, como chegar a clase sen gravata, estes seducen aos seus alumnos, para os que é un excelente profesor, cálido e respectuoso, e moitas veces un amigo. De aí nace a súa complicidade coa adolescencia, un contacto que sempre lle gustará ter ao longo da súa vida.[Cómpre referencia]

En 1932 descobre Voyage au bout de la nuit de Louis-Ferdinand Céline [n. 10], unha obra que lle causaría unha impresión duradeira. No verán de 1933, sucedeu a Raymond Aron no Instituto Francés de Berlín, quen, a cambio de boa vontade, sucedeulle no Liceo de Le Havre desde o outono de 1933 ata o verán de 1934.[46]. Sartre completa entón a súa introdución á fenomenoloxía de Husserl e descobre a obra de Martin Heidegger, Sein und Zeit (Ser e Tempo). Tamén neste caso, é un shock.[52]

En outubro de 1934 retomou o seu posto en Le Havre[8]. En 1936 publicou L'Imagination e La Transcendance de l'Ego. Presentou o manuscrito de La Nausée a Gallimard, que o rexeitou a pesar da valoración positiva de Paulhan[8]. A gloria que pensaba que conseguiría desde neno, estes anos en Le Havre poñenlla en cuestión En outubro de 1936 obtivo o seu traslado á escola normal de mestres en Laon, no departamento de Aisne[8] onde ensina un ano no ensino superior[53].

Ao ano seguinte, Sartre é trasladado ao Lycée Pasteur de Neuilly-sur-Seine, onde coñece a Robert Merle[54]. Iniciou entón unha breve fase de notoriedade coa publicación, en xullo de 1937, na revista Nouvelle Revue française, dun conto, Le Mur, que se reeditou en 1939 na colección Le Mur. Gide consideraba esta colección como unha "obra mestra".[8] Despois retomou o seu manuscrito de Melancholia e en abril de 1938 aceptou o título final La Nausée que lle propuxera Gaston Gallimard. O libro, que non obtivo por pouco o premio Goncourt,[8] é unha novela filosófica ("fenomenolóxica") e un tanto autobiográfica, marcada pola influencia de Céline, que narra os tormentos existenciais de Antoine Roquentin, solteiro de 35 anos e historiador de profesión.

Esta florecente fama viuse abruptamente eclipsada polo estalido da segunda guerra mundial: Sartre foi mobilizado o 2 de setembro de 1939 [55],[56].

Guerra e ocupación

[editar | editar a fonte]

Antes da guerra, Sartre non tiña conciencia política. Era pacifista, pero sen militar pola paz, o antimilitarista Sartre enfróntase, con todo, á guerra sen vacilar. A experiencia da guerra e a vida en comunidade transformaranno por completo.

Durante a "guerra de broma" ("drôle de guerre"), foi destinado, á 70ª división, ao campo de aviación militar de Essey-lès-Nancy, como soldado encargado dos recoñecementos meteorolóxicos.[47] Unha semana máis tarde, debido á súa miopía, foi trasladado a Marmoutier (Baixo Rin), e despois a Ittenheim, Brumath, Morsbronn e Bouxwiller.[55],[56].

O seu traballo deixáballe moito tempo libre, tempo que aproveitaba para escribir moito (de media doce horas diarias durante nove meses, é dicir, 2.000 páxinas, das que unha pequena parte será publicada baixo o título de Carnés da drôle de guerre). A súa primeira razón para escribir era evitar o contacto cos seus compañeiros, xa que as relacións serias e xerárquicas do exército resultábanlle bastante difíciles de soportar.[n. 11].

A guerra de broma remata en maio de 1940, e o falso conflito faise moi real. O 21 de xuño Sartre foi feito prisioneiro en Padoux (Vosgos), e foi trasladado ao campo de prisioneiros Stalag XII D de 25.000 prisioneiros en Alemaña, preto de Tréveris. A súa experiencia como prisioneiro marcouno profundamente: ensinoulle a solidariedade cos homes. Lonxe de sentirse limitado, participou na vida da comunidade, contando historias e chistes aos seus compañeiros de barracón, participando en combates de boxeo e escribindo e dirixindo unha obra de teatro para a Noiteboa de 1940, Bariona, ou le Fils du tonnerre[58]. Ambientada en Xudea na época da ocupación romana, mostra a un oficial romano facendo duros comentarios sobre os xudeus. O cabo Jean Pierre, compañeiro de prisión de Sartre, considerou que a obra era antisemita. Annie Cohen-Solal, biógrafa de Sartre, preguntábase se estes comentarios debían atribuírse á irreflexión ou á torpeza de Sartre.e[59].

Número 24 da rue Cels de París, onde Sartre viviu en varias ocasións durante a guerra..

Esta vida no campo de prisioneiros é importante, porque é o punto de inflexión da súa vida: a partir de agora xa non é o individualista dos anos 30, senón que se pon un deber na comunidade.

En marzo de 1941 Sartre queda en liberdade grazas a un certificado médico falso que alega "cegueira parcial do ollo dereito".[60] Segundo os autores Gilles e Jean-Robert Ragache, debe a súa liberación á intervención de Drieu la Rochelle:

No outono do 40, Drieu anotara no seu caderno unha lista de escritores encarcerados -entre os que figuraba Sartre- seguida das palabras: "Esixir a liberación dos autores -contrapartida da miña acción...". N.R.F.[61].

De volta en París, fundou con algúns dos seus amigos, entre eles Simone de Beauvoir, o movemento de Resistencia, "Socialisme et liberté"[62]. Annie Cohen-Solal menciona varios encontros, en particular con Maurice Merleau-Ponty, Raymond Marrot, Simone de Beauvoir, François Cuzin, Simone Debout-Oleszkiewicz, Yvonne Picard, Jean Pouillon e Jacques-Laurent Bost. Menciona a redacción e distribución de folletos e cita os testemuños de Beauvoir, Georges Chazelas, Dominique e Jean-Toussaint Desanti[63]. Herbert R. Lottman tamén informa da breve existencia deste grupo [64]. Hai que sinalar, con todo, que ningunha investigación puido descubrir probas da existencia deste movemento (o Catalogue des périodiques clandestins diffusés en France de 1939 à 1945, publicado pola Bibliothèque nationale en 1954, non o menciona) nin da actividade de resistencia de Sartre durante este período, como confirmou o xornalista da resistencia Henri Noguères ao historiador Gilbert Joseph[65] :

Manteño que nos preto de vinte anos que levo investigando e traballando na historia da Resistencia en Francia, nunca coñecín a Sartre nin a Beauvoir.[66],[67].
Placa conmemorativa na rua de Cels

Tamén foi moi criticado por Jankélévitch, que o reprochaba de estar máis preocupado por facer progresar a súa carreira que por denunciar ou opoñerse ao poder ocupante.[68]. Dise que no verán de 1941 percorreu as provincias en bicicleta, nun intento infrutuoso de estender o movemento fóra da capital e de reunir a outros intelectuais como Gide ou Malraux[62]. Tras a detención de dous camaradas, o grupo "Socialisme et liberté" disólvese a finais de 1941.[69]. Sartre sempre recoñeceu o fracaso deste intento, dicindo despois da guerra: "Non eramos resistentes que escribían, senón escritores que resistían.»[Cómpre referencia].

En outubro de 1941 Jean-Paul Sartre foi destinado ao Liceo Condorcet como profesor de khâgne (clase preparatoria literaria) en substitución de Ferdinand Alquié. Este posto foi ocupado inicialmente (ata 1940) polo profesor Henri Dreyfus-Le Foyer, que foi destituído polo seu xudaísmo. Sartre certificara previamente pola súa honra que non era masón nin xudeu, como esixían as autoridades francesas.[70]. Este feito, revelado en outubro de 1997 polo xornalista Jean Daniel nun editorial do Nouvel Observateur, deulle unha vantaxe indubidable, que se lle botaría en cara, pero non así a Ferdinand Alquié que tamén usara o mesmo argumento no seu momento. Ingrid Galster expón a cuestión da calidade do compromiso de Sartre e sinala "quixera ou non: obxectivamente, beneficiouse das leis raciais de Vichy".[71] Durante este período, publicou varios artigos na revista colaboracionista Comœdia.[72], que foi dirixida desde o 21 de xuño de 1941 até o 5 de agosto de 1944 por René Delange e controlada pola Propagandastaffel alemána ("escuadrón de propaganda").[73],[74].

En 1943, Sartre fixo representar no teatro unha obra que escribira, As moscas[71], baseada no mito de Electra e presentada como unha chamada simbólica a resistir ao opresor. Esta interpretación foi impugnada, en particular por Gilbert Joseph, que consideraba que a intención de resistir estaba ausente ou era invisible.[62]. Foi na estrea onde coñeceu a Albert Camus. Durante a ocupación alemá de Francia na segunda guerra mundial, a obra non tivo a repercusión esperada: os teatros quedaron baleiros e as representacións interrompéronse antes do previsto. Para Jean Amadou, esta representación foi máis ambigua:

En 1943, no ano máis escuro da ocupación alemá de Francia durante a segunda guerra mundial, puxo en escena As moscas en París. É dicir, fixo exactamente o mesmo que Sacha Guitry, representar as súas obras ante un público de oficiais alemáns[73], coa diferenza de que na liberación de Francia, Guitry foi detido mentres que Sartre era membro do comité de depuración, que decidía que escritores podían seguir publicando e cales debían ser prohibidos. André Malraux, que arriscara a súa vida na Resistencia, non se cría con dereito a formar parte deste autoproclamado tribunal.[75].

A partir de 1943, por invitación de Claude Morgan, Sartre asiste ás reunións do Comité national des écrivains (Comité Nacional de Escritores) (CNE) e publica catro veces en Les Lettres françaises.[76]. Ese mesmo ano publicou L'Être et le Néant (O ser e a nada), unha obra influída polas ideas do filósofo alemán Heidegger, na que revisaba o seu sistema de pensamento e ampliaba os seus fundamentos teóricos. Do 17 de xaneiro ao 10 de abril de 1944 emitiu doce programas para Radio-Vichy.[77]. Despois escribiu unha obra de teatro, Les Autres, que se converteu en Huis clos no teatro[78], representada en maio de 1944, foi un gran éxito, sobre todo entre os oficiais alemáns invitados á primeira representación.[79],[80]. Lottman sinala que "para ambos (Sartre e Beauvoir), a ocupación alemá coincidiu co seu ascenso á fama".

Pouco despois da liberación de París, Sartre foi recrutado por Camus para a rede de resistencia Combat. Entre o 28 de agosto de 1944 e o 4 de setembro, nos primeiros números do xornal do mesmo nome, escribiu unha serie de sete artigos sobre a liberación de París titulados Un promeneur dans Paris insurgé (Un camiñante no París rebelde)[81],[82],[83],[84],[85],[86],[87], asinados por Jean-Paul Sartre[88] pero en realidade escritos por Simone de Beauvoir[89],[90]. En setembro de 1944 lanzou en les Lettres françaises o seu famoso:

Nunca fomos tan libres como baixo a ocupación alemá... como unha policía todopoderosa pretendía obrigarnos a gardar silencio, cada palabra convertíase en algo tan preciso como unha declaración de principios; como nos perseguían, cada xesto que faciamos tiña o peso dun compromiso...[91],[92].

A finais de 1944, o Departamento de Estado norteamericano convidou a unha ducia de reporteiros franceses a descubrir Estados Unidos. Sartre foi un deles, e durante uns meses converteuse en enviado especial de Figaro.[93], un xornal gaullista, liberal e conservador de dereitas, a pesar de declararse socialista; foi recibido como un heroe da Resistencia.[n. 12]. Este foi o comezo da súa reputación mundial[94]. Antes da guerra, Sartre fora un filósofo de conciencia individual con pouco interese polos asuntos mundiais, pero despois da guerra converteuse nun intelectual politicamente comprometido. Profesor parisiense moi coñecido no mundo intelectual, tras a guerra converteuse nunha autoridade internacional.

Anos de gloria

[editar | editar a fonte]

Les Temps modernes

[editar | editar a fonte]
No número 42 da rue Bonaparte de París, onde Sartre viviu entre 1945 e 1962

Tras aloxarse durante a ocupación no hotel La Louisiane[95] no 60 da rua de Seine, Jean-Paul Sartre trasladouse, en 1945, ao 42 da rua Bonaparte e viviu alí até 1962. Tras a Liberación de Francia, Sartre gozou de gran éxito e fama; durante máis de dez anos reinou sobre a literatura francesa. As súas ideas existencialistas difundíronse sobre todo a través da revista que fundou en 1945, Les Temps modernes.[96]

Mantivo unha relación que durou varios anos coa xornalista Dolorès Vanetti, a quen coñeceu, en 1945, nos Estados Unidos.[97] revelada na obra das Memorias de Simone de Beauvoir que a reduciu á letra "M". Foi de feito À Dolorès a quen a filósofa dedicou, en outubro de 1945 a súa Présentation do primeiro número da revista Temps modernes[98], a única referencia aos seus cinco anos de paixón por esta xornalista francesa de Nova York que, nun momento crucial da historia, abriulle a porta doutro continente e deulle todas as claves que necesitaba para entender Estados Unidos durante dúas longas viaxes.[93]

Sartre compartiu a súa pluma, entre outros, con Simone de Beauvoir, Merleau-Ponty e Raymond Aron. No longo editorial do primeiro número, expón o principio da responsabilidade do intelectual ante o seu tempo e dunha literatura comprometida. Para el, o escritor está no meollo da cuestión:

faga o que faga estará marcado, comprometido até no seu máis remoto retiro (...) O escritor está "en situación" no seu tempo.[99]

Esta posición sartriana dominou todos os debates intelectuais desde os anos sesenta até o oitenta.

Liberdade e primeiros compromisos políticos

[editar | editar a fonte]

Cando, en outubro de 945 Sartre deu unha conferencia nun pequeno auditorio, foi todo un acontecemento: unha gran multitude tratou de entrar, a xente empuxouse, deronse golpes, as mulleres desmaiaronse ou caeron en síncope.[100],[101]. Nel, Sartre presenta un resumo da súa filosofía[102], que se transcribiría en O existencialismo é un humanismo. Foi publicado en 1946 polo editor Nagel sen o coñecemento de Sartre, xa que consideraba que a transcrición era ex abrupto, necesariamente simplificador e incompatible coa escritura e o traballo sobre o sentido que implicaba.[103]

Naquela época, Sartre quería achegarse aos marxistas, que rexeitaban unha filosofía radical da liberdade susceptible de debilitar as certezas esenciais para o militante: No texto da conferencia, Sartre expón o leitmotiv do existencialismo: o home non pode rexeitar a súa liberdade; a liberdade tende cara ao futuro; todo acto de liberdade é un proxecto; a realización dun proxecto individual modifica a realización doutros proxectos individuais; cada individuo é responsable do seu propio proxecto individual e do proxecto dos demais; a liberdade é o fundamento de todos os valores humanos; a implicación nas opcións da sociedade fai do home un home por dereito propio.[104]. Elsa Triolet, escritora comunista, chegou a declarar: "Es filósofo, así que es antimarxista."[105] e, o seu antigo alumno, Jean Kanapa, intelectual e dirixente do Partido Comunista Francés, publicou en 1947 un texto titulado L'existentialisme n'est pas un humanisme (O existencialismo non é un humanismo).[106]. Desde a perspectiva da liberdade e o libre albedrío Sartre publicou Descartes, unha selección de textos do filósofo.[107]

Ese mesmo ano, 1946, Sartre rifa con Raymond Aron durante unha emisión radiofónica do equipo Temps Modernes sobre e contra De Gaulle. Aron non forma parte do equipo desde xuño de 1946, pero durante o enfrontamento foi chamado, no entanto, como árbitro por Sartre e os seus amigos, que acudiran a presentar batalla aos gaullistas. Sartre, con moito ánimo, compara a De Gaulle con Hitler, argumentando que ambos teñen un bigote en común, o que provoca a furia dos gaullistas presentes. Aron, atrapado no fogo cruzado, gardou silencio e Sartre concluíu que estaba politicamente na súa contra. Simone de Beauvoir, pola súa banda, foi aínda máis categórica e mordaz ao afirmar que Aron «solidarizábase» cos inimigos de Sartre.[108]

Despois de ter seguido a liña do partido comunista, cúlpao no 1956 da represión da sublevación húngara e da intervención soviética en Checoslovaquia no 1968. Durante a guerra de Alxeria, toma partido pola F.L.N..

Simbolizando o intelectual comprometido, multiplica as tomas de postura políticas. Concédenlle en 1964 o Premio Nobel de Literatura, mais el rexéitao.

Morre o 15 de abril de 1980 no hospital Brousses (París) aos 74 anos de idade tras unha longa enfermidade que xa o apartara da dirección do xornal Libération uns anos antes. Foi soterrado, no cemiterio de Montparnasse en París xunto con Simone de Beauvoir, o 20 de abril e aos seus funerais asistiron unhas 50.000 persoas.

Filosofía

[editar | editar a fonte]
  • Continxencia do ser : o mundo está "absorto", sen razón. Existe simplemente, sen "fundamento". As cousas e os homes existen de feito, e non de dereito. (Véxase A Náusea).
  • O home é definido pola consciencia (o per-se que se opón ao en-si). O home está polo tanto fundamentalmente aberto ao mundo, "incompleto", "volto cara a", existente (proxectado fóra de si)

A consciencia é o que non coincide xamais con si-mesmo, o que é potencia de neantización grazas á imaxinación (ela pode pensar o que non é). A consciencia fai polo tanto o proxecto posible.

  • O home é absolutamente libre: non é nada mais que o que el fai da súa vida, é un proxecto. A existencia precede á esencia (contra Hegel: non ten esencia predeterminada, a esencia é libremente elixida polo existente).
  • O home está condenado a ser libre : non se comprometer, é tamén unha forma de compromiso: é responsable diso.

Ademais, Deus non existe, polo tanto o home é a única fonte de valor e de moralidade; el está condenado a inventar a súa propia moral.

  • O concepto freudiano de inconsciente, substituído pola noción de "maldade foi": o inconsciente non sabería absorber o absoluta liberdade do home.

Sartre e a literatura

[editar | editar a fonte]

Durante as décadas de 1940 e 1950 as ideas de Sartre acadaron gran popularidade e o existencialismo foi unha visión filosófica moi estendida nesa xeración en Europa e Estados Unidos. En 1948 a Igrexa católica incluíu tódalas obras de Sartre no Índice de libros prohibidos.

No ano 1964 obtivo o Premio Nobel de literatura pola súa obra, premio que o autor rexeitou a causa da súa significancia burguesa.

Sartre e o cinema

[editar | editar a fonte]

Interesado no cinema coma un medio para expresar as súas ideas realizou no ano 1947 a súa primeira colaboración nun guión, no filme Jeux sont faits, dirixido por Jean Delannoy. Participou en varias adaptacións das súas obras e en 1957 foi nomeado aos Premio Oscar de Hollywood pola súa historia orixinal para a película Les Orgueilleux, dirixida por Yves Allégret en 1953.[109]

  • 1936 : L'imagination (A imaxinación), ensaio filosófico.
  • 1937 : La trancendance de l'égo (A transcendencia do ego), Ensaio filosófico.
  • 1938 : La Nausée (A náusea), novela.
  • 1939 : Le Mur (O paredón), contos. Publicado en galego en 1989 por Xerais na colección Grandes do noso tempo, traducido por Xosé María Proupín Fernández.
  • 1940 : L'imaginaire (O imaxinario), ensaio filosófico.
  • 1943 : As moscas (Les Mouches), teatro. Publicado en galego en 2008 por Edicións Laiovento, traducido por Xosé Manuel Beiras.
  • 1943 : L'être et le néant (O ser e o nada), tratado filosófico.
  • 1943 : Réflexions sur la question juive (Reflexións sobre a cuestión xudaica), Ensaio político.
  • 1945 : Huis-clos (Entre catro paredes), teatro.
  • Les Chemins de la liberté (Os camiños da liberdade) triloxía, comprendendo:
    • 1945 : L'âge de raison (A idade da razón), novela.
    • 1947 : Le sursis (Sursis), novela.
    • 1949 : La mort dans l'Âme (Coa morte na alma), novela.
  • 1946 : Morts sans sépulture (Mortos sen sepultura), teatro.
  • 1946 : O existencialismo é un humanismo (L'Existentialisme est une humanisme), ensaio filosófico.
  • 1946 : A puta respectuosa[110] (La putain respectueuse), teatro.
  • 1947 : Qu'est ce que la littérature? (Que é a literatura?), ensaio.
  • 1947 : Baudelaire.
  • 1947 : Situations, colleita de ensaios (19471965).
  • 1948 : Les Mains sales (As mans sucias), teatro.
  • 1951 : Le diable et le bon dieu (O diabo e o bo Deus), teatro.
  • 1952 : Les jeux sont faits (Os dados están lanzados), novela.
  • 1952 : Saint Genet, Actor and Martyr, biografía de Jean Genet.
  • 1959 : Les séquestrés d'Altona (Os condanados de Altona).
  • 1960 : Critique de la raison dialectique (Crítica da razón dialéctica, Vol. I), tratado filosófico.
  • 1964 : Les mots (As palabras),[111] autobiografía.
  • 1972 : L'idiot de la famille (O idiota de familia), biografía de Gustave Flaubert (1971-1972).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. «Sartre é o único intelectual francés que foi recoñecido tanto como filósofo, como escritor e como protagonista da vida política francesa”, subliña o historiador Gérard Noiriel[1].
  2. No momento da publicación do Manifesto dos 121, ante a tentación dos ministros de querer detelo, o xeneral de Gaulle declarou: "Non metemos a Voltaire no cárcere" [7]
  3. El (Charles Schweitzer) tivo con ela catro fillos [...] O maior, Georges, entrou na Politécnica; o segundo, Émile, converteuse en profesor de alemán.[14],[11]
  4. Ao parecer, Sartre ignoraba que seu pai Jean-Baptiste era enxeñeiro naval; mesmo escribiu que quería prepararse na école navale (escola naval) para ver o mar[18]. Tampouco menciona que o seu padrasto Joseph Mancy tamén era enxeñeiro naval, ambos da mesma promoción de 1895, a do tío materno Georges, cuxo pai Charles Schweitzer non oculta que se graduou na Politécnica[14]. O feito de pertencer á mesma clase de 1895 e ao mesma contorna de oficiais e enxeñeiros da Armada francesa explica probablemente mellor que nada como, por unha banda, que seu pai Jean-Baptiste puido coñecer á irmá de Georges, e por outro, a súa nai, xa viúva, puido coñecer máis tarde ao seu segundo marido.
  5. Jean-Baptiste quería prepararse na mariña, para ver o mar. En 1904, en Cherburgo, xa oficial da mariña e atormentado polas febres contraidas na Cochinchina, coñeceu a Anne-Marie Schweitzer, namorou desa moza, alta e descoidada, e casou con ela, pronto tivo un fillo dela, logo tentou refuxiarse na soidade.... Cando meu pai morreu, Anne-Marie e eu espertamos dun pesadelo común; Estou curando.... Sen diñeiro nin traballo, Anne-Marie decidiu volver vivir cos seus pais. Pero a repentina morte do meu pai molestou á familia Schweitzer. Foi talvez un repudio.... Meu pai tivera a xentileza de morrer cos seus males: a miña avoa seguía dicindo que se afastara dos seus deberes... nin sequera tiven que esquecelo: ao morrer, Jean-Baptiste negárame o pracer de coñecelo..... Durante varios anos, puiden ver enriba da miña cama o retrato dun pequeno oficial de ollos sinceros, cabeza redonda e calva, con fortes bigotes: cando miña nai volveu casar o retrato desapareceu[18]
  6. Cando se casarón, Joseph Mancy era xerente[28] dos establecementos Delaunay-Belleville[29] ; despois pasará a ser o seu director xeral. A parella, que non terá fillos, trasládase a La Rochelle onde Mancy asumiu a dirección dos estaleiros Delaunay Belleville[28][30]
  7. René Maheu aparece como André Herbaud nas Mémoires d'une jeune fille rangée (Memorias dunha moza formal) de Simone de Beauvoir[42]
  8. Cumpriu o seu servizo de moi mala gana. Aínda que era un estudante normal, negouse a recibir instrución militar e condenouse así aos galóns de segunda clase para sempre[47].
  9. Cheguei á fenomenoloxía por Levinas[48]
  10. O libro francés que máis significou para nós en 1932 foi Voyage au bout de la nuit de Céline. Sartre e mais eu sabiamos moitas pasaxes de memoria. O seu anarquismo parecía próximo ao noso. Atacou a guerra, o colonialismo, a mediocridade, os lugares comúns, a sociedade, cun estilo e un ton que nos encantaron. Céline forxara un novo instrumento: a escrita tan viva como a fala. Sartre colleu a semente. Abandonou definitivamente a lingua cobizosa que usaba[51]
  11. Non é posible comprenderse a si mesmo como conciencia sen pensar que a vida é un xogo. Jean-Paul Sartre, Caderno 396[57]
  12. En xaneiro de 1945, Le Figaro envía a Sartre a Estados Unidos. Alí foi recibido como un heroe da Resistencia. A académica estadounidense Susan Suleiman opina que, ao deixarse transformar en heroe da Resistencia, Sartre tomou unha decisión que en diante comprometería a súa vida..... Para explicar esta actitude, Susan Suleiman cita esta esclarecedora frase do ser e a nada como epígrafe da súa argumentación:
    Entón eliximos o noso pasado á luz dun fin determinado, pero a partir de entón imponse e devóranos.
    [62]
Referencias
  1. Gérard Noiriel (2010). Éditions Agone, ed. Dire la vérité au pouvoir. Éléments (en francés). Les intellectuels en question. Marsella. p. 101. ISBN 978-2-7489-0124-5. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2013. Consultado o 07 de novembro de 2022. .
  2. V.I., Lenine. "La maladie infantile du communisme - I.". Archive internet des marxistes. Consultado o 7 de novembro do 2022. 
  3. Alison Flood (5-1-2015). "Jean-Paul Sartre rejected Nobel prize in a letter to jury that arrived too late". The Guardian (en inglés). Consultado o 20-2-2018. 
  4. "Décès de Michelle Léglise Vian, femme libre aux côtés de Boris et de son oeuvre". ActuaLitté. 15 de decembro de 2077. Consultado o 7 de novembro do 2022. 
  5. "Michelle Vian, "féministe avant la lettre", est partie rejoindre Boris". TV5 Monde. 15 de decembro de 2077. Consultado o 7 de novembro do 2022. 
  6. Claudio Tognonato (19 de outubro de 2010). "Jean-Paul Sartre". Sens Public. Consultado o 7 de novembro do 2022. .
  7. "« La Cause du Peuple »". Diptyque, Sentiers croisés. 19 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2020. Consultado o 7 de novembro do 2022.  Parámetro descoñecido |group= ignorado (Axuda)
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 "Chronologie: Jean-Paul Sartre Biographie: Voici votre chronologie en 114 dates". kronobase. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  9. "Une enfance choyée". Association de la Régie théâtrale. Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2022. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  10. Jean-Paul Sartre (1964). "PT7". En Gallimard. Les mots. Anne-Marie. París. p. 224. .
  11. 11,0 11,1 "Jean-Paul Sartre, Les Mots (1963), premières pages". Palimpsestes.fr. .
  12. James Brabazon (2000). "12". En Syracuse University Press. Albert Schweitzer: a biography (en inglés). Sartre%Albert's%uncle. Nova York. p. 576. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  13. "Schweitzer, Georges Pascal Joseph (X 1895 ; 1875-1955)". Bibliothèque centrale - École polytechnique. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  14. 14,0 14,1 Jean-Paul Sartre (1964). "PT6". En Gallimard. Les mots. quatre%enfants%surprise%Georges%Polytechnique%Émile. París. p. 224. |data-acceso=8 de novembro do 2022}}.
  15. Jean-Paul Sartre (1964). "PT7". En Gallimard. Les mots. médecin%Thiviers%Sartre. París. p. 224. .
  16. "Sartre, Marie Jean Baptiste Eymard (X 1895 ; 1874-1906)". Bibliothèque centrale - École polytechnique. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  17. "Ecole Navale / Espace tradition / Officiers célèbres". ecole.nav.traditions.free.fr. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  18. 18,0 18,1 Jean-Paul Sartre (1964). "PT7". En Gallimard. Les mots. 1904%Cherbourg%marine%Cochinchine. París. p. 224. .
  19. "Acte de mariage Sartre - Schweitzer, Archives numérisées Paris XVI (vue 7/31)". Arquivos de París. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  20. "Faire-part de décès de Jean-Baptiste Sartre, Revue illustrée du Tout-Sud-Ouest". Gallica. de outubro de 1906. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  21. Annie Cohen-Solal, "Le cas de Jean-Paul Sartre : entre l’héritage Schweitzer et l’étiquette de ‘‘juif d’honneur’’", Actes du colloque Juifs et protestants : cinq siècles de relations en Europe, 2017.
  22. "Quando Sartre guarda le foglie". La Repubblica. 28 de febreiro de 1987. Consultado o 8 de novembro do 2022. 
  23. Omar López Mato (19 de abril de 2020). "Los ojos de Sartre". La prensa. Consultado o 8 de novembro do 2022. 
  24. "Jean-Paul Sartre - Histoire du Monde". Consultado o 8 de novembro do 2022. 
  25. Jean-Paul Sartre (1964). Gallimard, ed. Les mots. París. p. 224. .
  26. "Certificado de matrimonio Mancy - Schweitzer, Digital Archives Paris V ( vista 13/31)". Arquivos de París. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  27. "Mancy, Joseph (X 1895 ; 1875-1945)". Bibliothèque centrale - École polytechnique. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  28. 28,0 28,1 28,2 David Drake (2005). "RA1-PA16". En Haus Publishing. Sartre (en inglés). Mancy%20Delaunay-Belleville. Londres. p. 16. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  29. "Ateliers et chantiers de l'Ermitage, puis Établissements Delaunay Belleville". Département de la Seine-Saint-Denis. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  30. Jacques Chancel (1978). "PT137". En Hachette. Le temps d'un regard. Delaunay-Belleville. París. p. PT137. Consultado o 8 de novembro do 2022. .
  31. Les Anciens de Fromentin, ed. (27 de xullo de 2022). "Jean-Paul Sartre, élève à Fromentin de 1917 à 1921" (en inglés). Consultado o 8 de novembro do 2022. 
  32. Jean-François Louette (2002/3). Revue d'histoire littéraire de la France, ed. "Jean-Paul Sartre en classe". Consultado o 9 de novembro do 2022. 
  33. John Gerassi (1980). éditions Rocher, ed. Sartre, conscience haïe de son siècle. Monaco. p. 103. 
  34. "En savoir plus sur Jean-Paul Sartre - Entretiens et documents". www.gallimard.fr (en francés). Consultado o 24-2-2018. [Ligazón morta]
  35. Journal officiel de la République française. Lois et décrets. Lista de admitidos na Escola Normal Superior, JORF, 7 de agosto de 1924
  36. "L'annuaire | a-Ulm". www.archicubes.ens.fr. Consultado o 9 de novembro do 2022. 
  37. "Pour liberté d'opinion". Gallica. 15 de outubro det 1927. Consultado o 17 de novembro do 2022. 
  38. Étienne Barilier (1987). "15". Les petits camarades. París: Éditions Julliard. p. 165. ensaio sobre Jean-Paul Sartre e Raymond Aron 
  39. Paul-François Paoli (semana do 4 de agosto de 2017). "Jean-Paul Sartre / Raymond Aron. Le match du siècle". Le Figaro Magazine. p. 20-23. Consultado o 12 de xaneiro do 2023. 
  40. Étienne Barilier (1987). Les petits camarades. PAPA19 19 (1928 1ª edición ed.) (París: Éditions Julliard). p. 165. ensaio sobre Jean-Paul Sartre e Raymond Aron 
  41. "Les agrégés de l'enseignement secondaire (Concours agrégation 1928 de philosophie)". LARHRA. Consultado o 13 de febreiro do 2023. 
  42. Simone de Beauvoir (1958). Mémoires d'une jeune fille rangée. Paris: Éditions Gallimard. p. 365. 
  43. Michel Onfray (2013). "Contre-histoire de la philosophie". Les consciences réfractaires 9. París: Éditions Grasset. p. 480. 
  44. "Les agrégés de l'enseignement secondaire (Concours agrégation 1929 de philosophie)". LARHRA. Consultado o 15 de febreiro do 2023. 
  45. "Les agrégés de l'enseignement secondaire (Concours agrégation 1929 de philosophie)". LARHRA. Consultado o 15 de febreiro do 2023. 
  46. 46,0 46,1 Étienne Barilier (1987). "essai sur Jean-Paul Sartre et Raymond Aron". Les petits camarades 20. París: Éditions Julliard. p. 165. 
  47. 47,0 47,1 47,2 Hervé Darnajoux (agosto de 2007). "Jean-Paul Sartre (1905-1980) : souvenirs de sa carrière de météorologiste" (PDF). La météorologie (en francés). pp. 45–48. ISSN 2107-0830. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de novembro de 2017. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  48. Jean-Paul Sartre (1964). Situations, IV. París: Éditions Gallimard. p. 459. 
  49. Simone de Beauvoir, La Cérémonie des Adieux, Gallimard
  50. Jean Montenot (2005). "Jean-Paul Sartre". L'Express. Consultado o 22 de febreiro do 2023. 
  51. Simone de Beauvoir (1960). Éditions Gallimard, ed. La Force de l’âge. p. 158. .
  52. Anna Boschetti (1985). Les Éditions de Minuit, ed. Sartre et "Les Temps modernes". unha empresa intelectual. París. p. 326. .
  53. Emmanuel, Mousset (2010-04-07). "Prof Story: Sartre à Laon.". Prof Story. Consultado o 7 de marzo do 20233. .
  54. "Robert Merle, romancier". Le Monde.fr (en francés). 2004-03-31. ISSN 1950-6244. Consultado o 21 de marzo do 2023. 
  55. 55,0 55,1 Arnaud Spire (1995). "Jean-Paul Sartre, un intellectuel au front". L'Humanité. Consultado o 7 de abril do 2023. 
  56. 56,0 56,1 Jean-Paul Sartre & Arlette Elkaïm-Sartre 1995
  57. Jean-François Durand (1998). Le jeu de vivre. Cahiers de l'Association internationale des études françaises. Une lecture des Carnets de la drôle de guerre [artigo]. pp. 247–262. Consultado o 22 de xuño do 2023. .
  58. Janick Jossin (1980-04-19). "Sartre face à son époque". L'Express (en francés). Consultado o 19 de agosto do 2023. 
  59. Cohen-Solal 1985, p. 219-220.
  60. Cohen-Solal 1985, p. 222.
  61. Gilles Ragache; Jean-Robert Ragache (1940-1944). Hachette, ed. La Vie quotidienne des écrivains et des artistes sous l'Occupation (en francés). París. p. 76. .
  62. 62,0 62,1 62,2 62,3 Michel Winock (2005). Sartre s’est-il toujours trompé ? (PDF). Revue des revues (1986). Consultado o 16 de xaneiro do 2024. .
  63. Cohen-Solal 1985, p. 224-235.
  64. Herbert R. Lottman (1981). "Du Front populaire à la guerre froide". La Rive gauche (en francés) (Éditions du Seuil ed.). Paris. p. L'exode de la rive gauche. ISBN 2-02-005929-0. 
  65. Gilbert Joseph 1991, p. 220.
  66. Libération%20Henri%20Noguères (ed.). Une si douce occupation : Simone de Beauvoir et Jean-Paul Sartre, 1940-1944 1. p. PT220. 
  67. Michel Onfray (2013). Grasset, ed. Les consciences réfractaires. París. p. 480.  Parámetro descoñecido |sous-titre= ignorado (Axuda).
  68. Gilles Anquetil (1985). "Le scandale Jankélévitch" (PDF). Le Nouvel Observateur. Consultado o 18 de febreiro do 2024. .
  69. Beauvoir, Simone; Lecarme-Tabone, Éliane.; Baty-Delalande, Hélène (1978-....).; Stemmer, Valérie. (de (1908-1986).). Éditions Gallimard, ed. Mémoires. I (en francés). París. p. 1470. ISBN 978-2-07-012068-0. OCLC 1035844414. 
  70. Jérôme Dupuis (30 setembro de 2014). "Sartre, années noires". L'Express (en francés). Consultado o 1 de marzo do 2024. 
  71. 71,0 71,1 Ingrid Galster 2001b, p. 86 sqq.
  72. "1". Une si douce occupation : Simone de Beauvoir et Jean-Paul Sartre, 1940-1944. Sartre Delange Comœdia. p. PT93. 
  73. 73,0 73,1 Pierre Assouline (2017). L'épuration des intellectuels. París: Place des éditeurs. p. PT68. .
  74. François-Georges Dreyfus (2004). Histoire de Vichy. París: Éditions de Fallois. p. 892. .
  75. Jean Amadou (2014). Éditions Robert Laffont, ed. Je m'en souviendrai, de ce siècle !. París. p. 298. .
  76. David Drake (2 de marzo de 2006). "Sartre et le parti communiste français (PCF) après la libération (1944-1948)". Sens Public. Consultado o 2 de maio do 2024. .
  77. Jean-Paul Sartre. "312". En Éditions Gallimard. Lettres au Castor et à quelques autres. Tome 2, 1940-1963. París. p. 366. .
  78. Ingrid Galster 2001a, p. 195
  79. "Sartre, Cocteau & Co sous l'Occupation (Avec «BoOks»)". bibliobs.nouvelobs.com. 2011. Consultado o 2 de maio do 2024. 
  80. Alan Riding (201). Knopf Doubleday Publishing Group, ed. And the Show Went On (en inglés). Nova-York. p. 416. A vida cultural no París ocupado polos nazis .
  81. Jean-Paul Sartre (28 agosto 1944). "Un promeneur dans Paris insurgé – I. - L'insurrection". Combat. Consultado o 21 de maio do 2024. .
  82. Jean-Paul Sartre (29 de agosto de 1944). "Un promeneur dans Paris insurgé – II. - Naissance d'une insurrection". Combat (xornal). Consultado o 21 de maio do 2024. .
  83. Jean-Paul Sartre (30 de agosto de 1944). "Un promeneur dans Paris insurgé – III. - Colère d'une ville". Combat (xornal). Consultado o 21 de maio do 2024. .
  84. Jean-Paul Sartre (31 de agosto de 1944). "Un promeneur dans Paris insurgé – IV. - Toute la ville tire". Combat. Consultado o 21 de maio do 2024. .
  85. Jean-Paul Sartre (1 septembre 1944). "Un promeneur dans Paris insurgé – V. - Espoirs et angoisses de l'insurrection". Combat (xornal). Consultado o 21 de maio do 2024. .
  86. Jean-Paul Sartre (2 septembre 1944). "Un promeneur dans Paris insurgé – VI. - La délivrance est à nos portes". Combat. Consultado o 21 de maio do 2024. .
  87. Jean-Paul Sartre (4 septembre 1944). "Un promeneur dans Paris insurgé – VII. - Un jour de victoire parmi les balles". Combat (xornal). Consultado o 21 de maio do 2024. .
  88. Jean-Paul Sartre (1944). "Notes pour un reportage sur la libération de Paris". BnF. Consultado o 21 de maio do 2024. .
  89. Susan Rubin Suleiman. Célébrer la Libération : « Un promeneur dans Paris insurgé ». p. PA21. 
  90. Yves-Marc Ajchenbaum. À la vie, à la mort. histoire du journal «Combat», 1941-1974. p. 300. .
  91. Pierre Assouline (2017). Place des éditeurs, ed. L'épuration des intellectuels. Paris. .
  92. Anne-Sophie Moreau (01-11-2007). "La République du silence". Philosophie magazine (14). Consultado o 21 de maio do 2024. .
  93. 93,0 93,1 Sophie Guerrier (2015). "1945 : Jean-Paul Sartre en Amérique". Le Figaro. Consultado o 21 de maio do 2024. .
  94. Cormann Grégory (2002). "La naissance du «phénomène Sartre»". Revue Philosophique de Louvain (100-1-2). Raisons d'un succès 1938 - 1945. Sous la direction de Ingrid Galster [compte-rendu]. pp. 290–295. Consultado o 21 de maio do 2024. .
  95. "Sur les pas des écrivains : Jean-Paul SARTRE". terresdecrivains.com. Consultado o 15 de xullo do 2024. 
  96. "Revue Les Temps Modernes - Gallimard". www.gallimard.fr (en francés). Consultado o 26-2-2018. 
  97. Annie Cohen-Solal (19-07-2008). "Dolorès Vanetti". Le Monde. Consultado o 8 de agosto do 2024. .
  98. "Les Temps Modernes (1945- [en cours])". revues-litteraires.com. 2015. Consultado o 8 de agosto do 2024. [Ligazón morta].
  99. Pierre Assouline (2017). L'épuration des intellectuels. París: Place des éditeurs. .
  100. Thomas Franck (2017). "La « mode existentialiste »". Contextes (Revue de sociologie de la littérature). lieux de vie et formes de pensée (19). Consultado o 29 de agosto do 2024. .
  101. Annie Cohen-Solal 1999, p. 328-329
  102. Daniel Martin. "L'existentialisme est un humanisme". danielmartin.eu. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2019. Consultado o 29 de agosto do 2024. .
  103. Jean-Paul Sartre (1946). Nagel, ed. L'existentialisme est un humanisme. París. p. 141. .
  104. Jean-Paul Sartre; Arlette Elkaïm-Sartre (1996). Éditions Gallimard, ed. L'Existentialisme est un humanisme. París. p. 108. .
  105. Aaron Hortui (2016). Profil littéraire, ed. L'existentialisme est un humanisme de Jean-Paul Sartre (Analyse approfondie). p. 54. .
  106. Jean Kanapa (1947). Les Éditions sociales, ed. L'Existentialisme n'est pas un humanisme. París. p. 125. .
  107. Descartes, par J.-P. Sartre, Les Classiques de la liberté, éditions des Trois collines, Paris-Genève, 1946.
  108. Étienne Barilier (1987). Éditions Julliard, ed. Les petits camarades. París. p. 28. ensaio sobre Jean-Paul Sartre e Raymond Aron .
  109. Jean-Paul Sartre na IMDb
  110. Traducida por Fernández del Riego e representada no teatro García Barbón.
  111. Incluída na Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Trad. de Dulce Fernández e François Davo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Giorgos Seferis
 Premio Nobel de literatura
Rexeitado polo autor
 
1964
Sucesor:
Mikhaíl Sholojov