Saltar ao contido

Sarah Mkhonza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSarah Mkhonza
Biografía
Nacemento7 de maio de 1957 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Siphofaneni, Eswatini (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónIllinois State University (en) Traducir
Universidade Estatal de Míchigan Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, Activista polos dereitos humanos, lingüista, profesor de educación superior, xornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Stanford
Universidade Cornell
Universidade de Boston
Universidade de Essuatíni (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata


Sarah Mkhonza, nada en Siphofaneni (distrito de Lubombo) o 7 de maio de 1957, é unha escritora e activista a favor dos dereitos da muller de Eswatini. Reside nos Estados Unidos de América.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Doutorouse pola Universidade Estatal de Míchigan. Traballou como xornalista no The Swazi Sun e The Observer, e ensinou inglés e lingüística na Universidade de Suazilandia. Debido á censura e a persecución, en 2005 solicitou asilo político nos Estados Unidos.[1]

Cofundou a Asociación de Mulleres Africanas e o Grupo de Fondos de Libros Africanos na Universidade Estatal de Míchigan. Foi docente no Centro de Estudos e Investigacións Africanas na Universidade Cornell, na Universidade de Boston e na Universidade Stanford.[2] En 2002 recibiu o Premio Hammett-Hellman de Human Rights Watch. Recibiu tamén o premio Oxfam Novib/PEN.[3]

  • What the future holds (1989)
  • Pains of a Maid (1989)
  • Two Stories (2007)
  • Woman in a Tree (2008)
  • Weeding the Flowerbeds (2008)
  1. "Sarah Mkhonza: Fighting For Swaziland". The Culture Trip. 
  2. "Sarah Mkhonza". Ithaca City of Asylum. 
  3. "Dissident and novelist from African autocracy finds sanctuary at Cornell". Cornell Chronicle. 12 de setembro de 2006.