Saltar ao contido

San Tirso Sociedad Deportiva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Tirso
NomeSan Tirso Sociedad Deportiva
Fundación1940
EstadioO Monte,
Abegondo, Galicia
LigaPreferente – Grupo 1
2023/24
Na rede
https://www.santirsosd.com/
Titular
San Tirso SD na Copa do Rei 2024-25.
Campo do Monte.

O San Tirso Sociedad Deportiva é un club de fútbol galego, da parroquia de Mabegondo, no concello de Abegondo. Foi fundado en 1940 e compite no Grupo 1 da Preferente Galicia.

Foi fundado en 1940 e catro anos despois conseguiu o ascenso á Primeira División da liga das Mariñas.[1] Na tempada 1977/78, con Paco Lodeiro como adestrador, obtivo o seu primeiro ascenso á Primeira Rexional. En 1981 proclamouse por primeira vez campión da Copa da Coruña, tras vencer na final ao Español SD, e dous anos despois gañou a renacida Copa Galicia.[1]

En 2014 logrou o ascenso a Preferente, e aínda que volveu descender ao ano seguinte, regresou en 2017, conseguindo desta vez asentarse na categoría. Na tempada 2023/24 viviu a súa campaña máis gloriosa, coa conquista de tres títulos: Copa da Coruña, Copa Deputación e a primeira edición da Supercopa de Galicia (derrotando na final desta última ao Cultural Areas).[1][2]

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
2010/11 1ª Autonómica 15º
2011/12 2ª Autonómica
2012/13 1ª Autonómica
2013/14 Preferente 16º
2014/15 1ª Autonómica
2015/16 1ª Autonómica 10º
2016/17 1ª Autonómica
2017/18 Preferente 11º
2018/19 Preferente 12º
2019/20 Preferente 12º
2020/21 Preferente
2021/22 Preferente /
2022/23 Preferente
2023/24 Preferente
2024/25 Preferente

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Iglesias Martelo, Vicente (10 de setembro de 2024). "El San Tirso SD, un modesto ‘galáctico’". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  2. "El San Tirso se abona al espectáculo y a la Copa del Rey (3-2)". DxT Campeón. 24 de setembro de 2024. Consultado o 24 de setembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]