Saltar ao contido

Salta!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salta!
Ficha técnica
Título orixinal¡Salta!
DirectorOlga Osorio
GuiónOlga Osorio
Araceli Gonda
Baseado enEinstein-Rosen (curtametraxe)
IntérpretesTamar Novas
Marta Nieto
Mário Santos
Rubén Fulgencio
MúsicaManuel Riveiro
FotografíaElías M. Félix
EstudioVaca Films
RTVE
Quien Hierro Mata
Televisión de Galicia
DistribuidoraA Contracorriente Films
Estrea1 de setembro de 2023
Duración85 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroFantasía e comedia
Na rede
IMDB: tt22059348 Editar o valor en Wikidata

Salta![1] (en castelán: ¡Salta!) é un filme de comedia e fantasía de 2023 dirixido por Olga Osorio e protagonizado por Tamar Novas, Marta Nieto, Mário Santos e Rubén Fulgencio. Estreouse nos cinemas o 1 de setembro de 2023.[2][3] Na 22ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en 9 categorías, mais finalmente só gañou o premio á mellor interpretación masculina protagonista para Tamar Novas,[4] quen xa gañara o mesmo premio na edición anterior.

Rodado orixinalmente en lingua castelá, estreouse dobrado ao galego en Amazon Prime Video o 5 de decembro de 2023.[1] Foi traducido por Manuel Arca Castro e a directora de dobraxe foi Charo Pena.

Ambientado no verán de 1989, dous nenos, Teo, un mozo futboleiro algo fedello, e Óscar, un sabichón que pasa as tardes no verán estudando, lidan á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha científica obsesionada cos buratos de verme.[5]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Produción

[editar | editar a fonte]

O guión foi escrito por Olga Osorio xunto con Araceli Gonda.[7] Nun principio, o título do filme era Un pasado por delante.[8] Foi producido por Vaca Films e "Quien a hierro mata AIE", coa participación de Prime Video, RTVE, TVG, con financiamento de ICAA, AGADIC e MEDIA.[9] A rodaxe fíxose no Barrio das Flores da Coruña.[10]

Distribuído por A Contracorriente Films,[9] estreouse nos cinemas de España o 1 de setembro de 2023.

Raquel Hernández Luján de HobbyConsolas deulle unha puntuación de 75 puntos ('boa'), considerando que é "un filme conmovedor, ben montado e con boas interpretacións malia ser unha produción modesta".[8]

Salvador Llopart de La Vanguardia deulle 3 de 5 estrelas, considerando que se trata de "unha historia entrañable, divertida e nostálxica ao mesmo tempo", aínda que sinalou que "non lle viría mal un pouco de atrevemento narrativo".[11]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
Ano Premios Categoría Nomeado(s) Resultado Ref.
2024 22ª edición dos Premios Mestre Mateo Mellor filme Nomeado [12][13]
Mellor dirección Olga Osorio Nomeado
Mellor guión Olga Osorio, Araceli Gonda Nomeado
Mellor dirección artística Alexandra Fernández Nomeado
Mellor actor Tamar Novas Gañador
Mellor música orixinal Manuel Riveiro Nomeado
Mellor son Carlos Mouriño, David Machado, Javier Pato Nomeado
Mellor deseño de vestiario Ana López Nomeado
Mellor maquillaxe e peiteado Susana Veira, Beatriz Antelo, Antonio Naranjo Nomeado
  1. 1,0 1,1 pipocas.amesa.gal (ed.). "Salta!". Consultado o 14 de novembro de 2023. 
  2. "Adelanto en exclusiva de ‘¡Salta!’, la película de familia y viajes en el tiempo con Tamar Novas y Marta Nieto". Cine con Ñ. Consultado o 2023-09-04. 
  3. "Olga Osorio e Tamar Novas veñen falar de 'Salta', a película que se estrea o 1 de setembro". crtvg.es. 24 de agosto de 2023. Consultado o 14 de novembro de 2024. 
  4. Diario, Nós (2024-03-23). "'O Corno' arrasa nos Mestre Mateo con sete premios, incluído o de Mellor Longametraxe: consulta aquí todas as gañadoras". Nós Diario. Consultado o 2024-03-24. 
  5. "¡Salta!". La Vanguardia. Consultado o 2023-09-04. 
  6. "¡SALTA! una imaginativa y conmovedora aventura para toda la familia". Cinemagavia. Consultado o 2023-09-04. 
  7. Aller, María (22 de marzo de 2023). "'Un pasado por delante': Teaser póster de la película protagonizada por Tamar Novas y Marta Nieto". Fotogramas. 
  8. 8,0 8,1 Hernández Luján, Raquel (1 de setembro de 2023). "Crítica de ¡Salta!, saltos temporales y aventuras con corazón". HobbyConsolas. 
  9. 9,0 9,1 Sánchez Sequera, Marco (29 de agosto de 2023). "'¡Salta!' – estreno en cines 1 de septiembre". Audiovisual451. 
  10. "La película '¡Salta!', con el Barrio de las Flores como protagonista, ya tiene tráiler". La Opinión de La Coruña. 5 de xullo de 2023. 
  11. Batlle Caminal, Jordi; Engel, Philipp; Llopart, Salvador (1 de setembro de 2023). "'Passages'(★★★★), el amor es extraño y otros estrenos de la semana". La Vanguardia. 
  12. "'Rapa', 'O corno' y 'Matria' lideran las nominaciones de los Mestre Mateo". Quincemil. 7 de febreiro de 2024 – vía El Español. 
  13. "Los Mestre Mateo ensalzan el talento femenino en el audiovisual". El Ideal Gallego. 24 de marzo de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]