Safo
Nome orixinal | (grc) Σαπφώ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | A finais século VII a. C. Lesbos, Grecia |
Morte | c. 570 a. C. Lefkada, Grecia |
Residencia | ancient Syracuse (en) (610 a. C.–595 a. C.) Lesbos (–610 a. C.) Mitilene (pt) (595 a. C.–) |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | poetisa, autora, compositora, escritora |
Período de actividade | (Con vida en: c. 600 a. C. ) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | valor descoñecido |
Irmáns | Charaxus |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Safo (Σαπφώ), con frecuencia chamada tamén Safo de Lesbos, viviu entre 630 a.C. e 612 a.C. - ca. 570 a.C., foi unha poeta grega. Naceu con moita probabilidade en Ereso, vila da illa de Lesbos, mais cedo se trasladou a unha cidade de maior importancia, Mitilene.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia aristocrática, de nena seguiu a familia no exilio a Palermo, retornando logo a Mitilene, onde ensinou poesía a grupos de mozas as que dedicou epitalamios (cantos nupciais). Seu pai foi Escamandrónimo e súa nai Cleis.[1]
Está testemuñado que tiña un irmán comerciante, Caraxo, que durante unha misión en Exipto se namorou dunha muller, arruinando economicamente a súa familia: ten sido reencontrados verso en lírica monódica nos que Safo prega a Afrodita que garanta un retorno seguro ao irmán para poder ser readmitido na familia. Tiña outros dous irmáns: Erígüio e Lárico, que era escanciador no pritaneo de Mitilene.
Consonte lendas, das que serían probas algúns versos románticos do pretendente, o poeta lírico Alceo de Mitilene foi reputado como o seu amante: mais os mesmos poetas antigos desmentiron tal hipótese, mantendo que os versos en cuestión eran interpretables como unha idealización non autobiográfica.
É seguro que casou con Cércilas de Andros e tivo unha filla de nome Cleis, a cal dedicou algúns espléndidos e tenros versos.
Certos versos probarían que Safo alcanzou unha idade avanzada, mais non é moi seguro dado que era usanza común entre os poetas líricos utilizar a primeira persoa dun xeito convencional. Sempre conforme á lenda, Safo morreu botándose dunha rocha polos amores dun xove barqueiro, Faón, feito que se conta n'A Leucadia de Menandro.
Os antigos estiveron de acordo en admirar a súa mestría. Tal foi a admiración que na época helenística déronlle a categoría de décima musa. Desde xeito, poetas latinos como Catulo e Ovidio coñecerían a súa poesía e imitaríana.
Obra
[editar | editar a fonte]As fontes antigas afirman que Safo escribiu nove volumes de poesía, mais só unha reducida proporción subsistiu. Fragmentos de papiros, como os atopados en Oxyrhynchus, en Exipto, son unha importante fonte. Un importante fragmento conservouse nun pote. O resto do que se coñece de Safo conservouse a través de citas doutros escritores da Antigüidade, a miúdo citas empregadas para ilustrar gramática, vocabulario ou métrica. Só existe un poema completo, o "Himno a Afrodita" (Fragmentos 1).
A súa obra foi traducida ao galego por Raúl Gómez Pato, e publicada en 2008 co título de Cantos e fragmentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Iriarte Goñi, Ana (1997). Ediciones del Orto, ed. Safo (siglos VII/VI a. C.). Biblioteca de mujeres 4. Madrid. p. 17. ISBN 84-7923-130-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Iriarte Goñi, Ana (1997). Ediciones del Orto, ed. Safo (siglos VII/VI a. C.). Biblioteca de mujeres (en español) 4. Madrid. ISBN 84-7923-130-0.
- Safo: Cantos e fragmentos. Edicións Positivas, 2008. ISBN 978-84-87783-93-7. Tradución de Raúl Gómez Pato.