STS-59
STS-59 | |
---|---|
![]() Lanzamento da misión STS-59. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 9 de abril de 1994, 11:05 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 11,24 días[6] |
Obxectivo da misión | Cartografiado mediante radar.[3][6] |
Regreso | 20 de abril de 1994[6] |
Sitio de regreso | Base Edwards da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1994-020A |
STS-59 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 9 de abril de 1994 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]STS-59, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para cartografar a superficie terrestre mediante o paquete de instrumento Space Radar Laboratory 1 e facer estudos xeolóxicos, xeográficos, hidrolóxicos, oceanográficos, agronómicos e botánicos. Tamén medíu a cantidade de dióxido de carbono na troposfera a participou no experimento de radioafeccionados SAREX II. A tripulación estaba formada polo comandante Sidney M. Gutierrez, o piloto Kevin P. Chilton, a comandante de carga Linda M. Godwin e os especialistas de misión Jay Apt, Michael R. Clifford e Thomas D. Jones.[3][5][6][7]
Entre os instrumentos de a bordo atopábanse SIR-C, un radar en banda C e banda L; X-SAR, un radar en banda X construído por Alemaña e Italia; e MAPS, para o estudo global da contaminación. En total na misión estaban representados 13 países con 49 investigadores principais e máis de 100 científicos coordinados polo JPL.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 20 de abril de 1994.[3][5][6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 59" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 25 August 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-25918(E)). 7 de setembro de 1994: 6. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 59/SRL 1" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-59 - SRL-1" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-59" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-59" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-59 ![]() |