Ryuichi Matsuda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1920 Kajiki, Xapón (en) |
Morte | 19 de xuño de 1986 (65 anos) Otava, Canadá |
Educación | Universidade Stanford |
Actividade | |
Ocupación | entomólogo |
Ryuichi Matsuda, nado o 8 de xullo de 1920 e finado o 19 de xuño de 1986, foi un entomólogo xaponés, coñecido por defender a síntese evolutiva ampliada.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Matsuda doutorouse en entomoloxía pola Universidade de Stanford. Entre 1968 e 1986, traballou no Instituto de Investigación en Biosistemas do Canadá.[2] Escribiu diversos traballos sobre morfoloxía comparada de insectos, entre os que destaca o seu polémico Animal Evolution in Changing Environments (1987).[3]
Cuñou o termo "panecoloxismo" para referirse á síntese evolutiva ampliada, que concibiu como unha fusión entre darwinismo e neolamarckismo.[4] Sostivo que a heterocronía é o mecanismo fundamental do cambio evolutivo, e que unha innovación evolutiva pode producirse por asimilación xenética.[4] As súas posturas foron criticadas por outros científicos, segundo os cales estaban baseadas en especulacións;[5] por��n, tamén recibiu comentarios positivos doutros entomólogos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ando 1988.
- ↑ Scheiner 2004.
- ↑ McCune 1988.
- ↑ 4,0 4,1 Pearson 1988.
- ↑ Sang 1988.
- ↑ Polhemus 1987.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ando, H. (1988). "Obituary: Ryuichi Matsuda, 1920-1986". International Journal of Insect Morphology and Embryology (en inglés) 7: 91–94.
- McCune, Amy R. (1988). "Animal Evolution in Changing Environments by Ryuichi Matsuda". Science (en inglés) 239 (4837): 300–301.
- Pearson, Roy Douglas (1988). "Animal Evolution in Changing Environments". Acta Biotheoretica (en inglés) 37: 31–36. doi:10.1007/BF00050806.
- Polhemus, John H. (1987). "Animal Evolution in Changing Environments with Special Reference to Abnormal Metamorphosis". Annals of the Entomological Society of America (en inglés) 83 (3): 654. doi:10.1093/aesa/83.3.654.
- Sang, James H. (1988). "Reviewed Work: Animal Evolution in Changing Environments with Special Reference to Abnormal Metamorphosis by Ryuichi Matsuda". The Quaterly Review of Biology (en inglés) 63 (1): 83–84. doi:10.1086/415756.
- Scheiner, Samuel M. (2004). "The Metamorphosis of Evo-Devo". BioScience (en inglés) 54 (12): 1150–1151. doi:10.1641/0006-3568(2004)054[1150:TMOE]2.0.CO;2.