Rumble Fish
Rumble Fish | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rumble Fish |
Director | Francis Ford Coppola |
Produtor | Francis Ford Coppola Doug Claybourne Fred Roos |
Guión | S. E. Hinton Francis Ford Coppola |
Baseado en | Rumble Fish de S. E. Hinton |
Intérpretes | |
Música | Stewart Copeland |
Fotografía | Stephen H. Burum |
Montaxe | Barry Malkin |
Estudio | Zoetrope Studios |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 21 de outubro de 1983 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 10 millóns de dólares |
Recadación | 2 494 480 dólares[1] |
Na rede | |
http://www.rumblefishdvd.com | |
Rumble Fish é un filme estadounidense de 1983 dirixido por Francis Ford Coppola. Participou no Festival Internacional de Cinema de Donostia, onde obtivo a Cuncha de Ouro ao mellor filme.
Características
[editar | editar a fonte]A película está baseada na novela homónima da autora adolescente Susan E. Hinton. Apenas uns meses antes sorprendera a Hinton o éxito de Rebeldes[2] (The Outsiders), tamén levada á gran pantalla por Coppola no mesmo ano de 1983.
Rumble Fish foi cualificada polo propio director como “de arte e ensaio para adolescentes[3]”. Tivo unha mala acollida comercial[4][5] nos Estados Unidos que contrastou co éxito, tanto de crítica como de portelo, nas salas europeas.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A banda de Rusty James (Matt Dillon) vese envolvida nunha pelexa coa banda rival. No momento de maior violencia da lea aparece “The Motorcycle Boy” (Mickey Rourke), o irmán máis vello de Rusty James que se convertera en lenda marxinal, en realidade un decadente heroe aborrecido da vida ao que Rusty James quere desesperadamente imitarse. Tras o rescate do irmán vemos vagar as personaxes, sen aparente saída, por escenarios de drogadicción, abandono e delincuencia.
Significación
[editar | editar a fonte]A aposta da crítica pola perdurabilidade de Rumble Fish apunta en varias direccións[6][7][8][9]: o virtuosismo de certas escenas, o uso dramático do branco e negro e das incrustacións de imaxes en cor, a banda sonora (Stewart Copeland) e especialmente as reflexións sociais ou filosóficas -sobre a familia, sobre a miseria, sobre o tempo, sobre os modelos heroicos...-, por veces tinguidas de ironía.
Rumble Fish supón un achado de actrices -Diane Lane- e de novos actores –daquela érano Matt Dillon e Mickey Rourke e na lista figura, por exemplo, Nicolas Cage-. Tense destacado tamén o papel dos secundarios, algún habitual das preferencias coppolianas (Dennis Hopper) e outros coma Tom Waits.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ boxofficemojo.com (ed.). "Rumble Fish en Box Office Mojo". Consultado o 21 de decembro de 2022.
- ↑ Xuvenil Alfaguara, tradución de Antón Palacio, 1989, 185 pp. ISBN 84-204-5061-8.
- ↑ "Cine Archivo // Ficha Película". www.cinearchivo.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ "Folha de S.Paulo - Coppola dá duas versões do sonho americano - 2/2/1994". www1.folha.uol.com.br. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ "amemóriadotempo: Rumble Fish – Juventude Inquieta". amemóriadotempo. quarta-feira, 12 de novembro de 2014. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ Bastenier, M. A. (2008-02-07). "'La ley de la calle', Rusty no estuvo allí". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ ""O Selvagem da Motocicleta": a utopia rebelde em um aquário". cinematório (en portugués). 2018-07-09. Consultado o 2020-04-12.
- ↑ Clarín.com. ""La ley de la calle", por Netflix: Una (gran) pequeña obra maestra". www.clarin.com (en castelán). Consultado o 2020-04-12.
- ↑ Delorme, Stéphane. (2007). Francis Ford Coppola. Madrid: El País. ISBN 978-84-9815-954-7. OCLC 804152224.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en inglés)