Roubo de identidade
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
O roubo de identidade ou usurpación de identidade é a apropiación da identidade dunha persoa: facerse pasar por esa persoa, asumir a súa identidade ante outras persoas en público ou en privado, en xeral para acceder a certos recursos ou a obtención de créditos e outros beneficios en nome desa persoa.
Doutra banda, o roubo de identidade tamén é utilizado co fin de prexudicar a unha persoa, é dicir, difamala ou manchar o seu nome con diversos fins que o criminal procure.
O caso máis común hoxe en día dáse cando un atacante, por medios informáticos ou persoais, obtén a súa información persoal e utilízaa ilegalmente.
O roubo de identidade é o delito de máis rápido crecemento no mundo. Até non hai moito tempo, cando un ladrón roubaba a billeteira ou porta documentos, o diñeiro non era o único que pretendía. Co tempo, os datos dos documentos de identidade como, por exemplo, a tarxeta de crédito, a tarxeta de débito, os cheques e calquera outro documento que conteña os datos persoais volvéronse moi importantes.
No transcurso de calquera día, esta información divúlgase ao facer transaccións en persoa, por teléfono e en liña para efectuar a compra de produtos e servizos. Se esta información confidencial cae en mans dun delincuente, podería utilizarse para roubar a identidade financeira e realizar moitas das actividades en nome do titular.
Ninguén está a salvo deste delito nin pode terse a certeza de que nunca ocorrerá. O importante é coñecer os métodos existentes para reducir as probabilidades de que ocorra e as medidas a tomar no caso de que ocorra.
Co desenvolvemento das novas tecnoloxías, o roubo de identidade converteuse na modalidade delituosa que máis creceu nos últimos anos. No ano 2014 denunciáronse 117 delitos de suplantación de identidade en España.[1]
Métodos utilizados
[editar | editar a fonte]Existen varios métodos para obter datos da información persoal:
- correos falsos: esta técnica permite pasar a un atacante por unha organización, banco ou empresa verdadeiras para obter información que garanta acceso a algún recurso que vostede utilice nesa organización, banco ou empresa.
- persoal: calquera persoa maliciosa podería obter información que escoitou ou viu de parte súa que lle garanta acceso a algún recurso valioso.
- ataque organizado: calquera atacante podería tentar superar a seguridade dun banco, empresa ou organización para obter información persoal dos clientes para logo acceder a algún recurso desa empresa.
- ataque a servidores de almacenamento de información en liña: o atacante pode tratar de obter datos dun servidor de almacenamento de datos na nube; obtendo contrasinais, DNI, contas bancarias, etc.
- LSSI: A lexislación española LSSI, artigo 10) obriga a calquera autónomo que teña unha páxina web, ou calquera persoa con páxina web a pór o seu nome e apelidos completo, o seu DNI e a dirección do seu domicilio persoal fronte a multas que superan os 30001 euros por infracción grave. Con eses datos, é razoabelmente fácil o roubo de identidade, e dar de baixa a liña fixa, o ADSL, ou modificar aspectos do recibo da luz ou da auga ao particular ao que a lei lle obrigou a pór os seus datos en Internet.[2][3]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Delitos de suplantación de identidad en España el 2014 (en castelán)
- ↑ "Texto LSSI" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xuño de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ http://www.minetur.gob.es/telecomunicaciones/lssi/faqs/Paginas/Index.aspx[Ligazón morta]