Rosalía (nome)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Rosalía (homónimos).

Rosalía[1] é un nome propio feminino galego. A súa etimoloxía é discutida. En galego ten os hipocorísticos son Rosa e Chelía.[1]
En xaneiro de 2023 existían 1.722 mulleres en Galicia co nome Rosalía, cunha media de idade de 52,8 anos.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A súa etimoloxía é discutida.[1] Porén, a hipótese máis recorrida explícao como un nome de orixe xermánica, composto de hraustr ‘valente’ ou rausn ‘gloria, fama’ xunto cunha forma -lîn.[1] Segundo Tagliavini, esta hipótese refórzase pola natureza xermánica de santa Rosalía de Palermo, nada no século XII.[1]
Uso
[editar | editar a fonte]O seu uso está documentado dende o século IX,[1] mais a popularidade en cativas galegas durante o século XX e XXI débese, en boa medida, á figura de Rosalía de Castro.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Nome Rosalía na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (2016). "Os nomes galegos no século XXI". Lingua, pobo e terra. Estudos en homenaxe a Xesús Ferro Ruibal. pp. 191–212. ISBN 978-84-453-5236-6.