Roland Dumas
Aparencia
Roland Dumas, nado en Limoges o 23 de agosto de 1922 e finado en París o 3 de xullo de 2024,[1] foi un avogado e político francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dirixente do Partido Socialista Francés, deputado desde 1956, avogado defensor de militantes de ETA, foi ministro de Asuntos Europeos (19 de xullo ao 7 de decembro de 1984) e ministro de Asuntos Exteriores (7 de decembro de 1984 ao 20 de marzo de 1986) e de novo entre o 12 de maio de 1988 e o 29 de marzo de 1993. Foi tamén presidente do Consello Constitucional (1995-1999).
En 2007 un tribunal condenouno pola súa participación no escándalo de corrupción da compañía petroleira estatal Elf.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Roland Dumas, ancien ministre et ancien président du Conseil constitutionnel, est mort". Le Monde (en francés). 3 de xullo de 2024. Consultado o 3 de xullo de 2024.