Saltar ao contido

Rodrigo Lara Bonilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRodrigo Lara Bonilla

(2005) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de agosto de 1946 Editar o valor en Wikidata
Neiva, Colombia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de abril de 1984 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Rúa 127, Colombia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, asasinato premeditado Editar o valor en Wikidata
Minister of Justice and Law of Colombia (en) Traducir
7 de agosto de 1983 – 30 de abril de 1984 (finado no cargo)
← Bernardo Gaitán Mahecha (en) TraducirEnrique Parejo González (en) Traducir →
Senador de Colombia
Alcalde de Neiva
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Externado de Colombia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado Editar o valor en Wikidata
Partido políticoNuevo Liberalismo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRodrigo Armando Lara Sánchez, Rodrigo Lara Restrepo Editar o valor en Wikidata

Rodrigo Lara Bonilla, nado en Neiva o 11 de agosto de 1946, e finado en Bogotá o 30 de abril de 1984, foi un político, diplomático e avogado colombiano, militante do Partido Liberal e logo dos movementos disidentes liberais Movemento Revolucionario Liberal e cofundador do Novo Liberalismo.

Ocupou varios cargos públicos como alcalde de Neiva, congresista e diplomático. Fundou xunto co político Luis Carlos Galán, o partido Novo Liberalismo, disidencia do Partido Liberal Colombiano. Sería congresista por ese partido, e logo ademais nomeado Ministro de Xustiza durante o goberno de presidente Belisario Betancur, cargo dende o cal perseguiría aos narcotraficantes do cártel de Medellín, cos seus xefes Pablo Escobar e Gonzalo Rodríguez Gacha "O Mexicano".

Foi asasinado por sicarios baixo as ordes de Escobar, o 30 de abril de 1984, cando se dirixía á súa casa en Bogotá. A súa morte representou o inicio dunha guerra sen cuartel entre o estado colombiano e os grupos de narcotraficantes que se estendería por máis dunha década.

A súa vida e asasinato foron novelados polo escritor Nahum Montt no libro Lara.[1][2][3][4][5] É considerado un referente na loita contra o narcotráfico en Colombia.

  1. Luzan, Julia (16 de maio de 2010). "Mi padre, Escobar, mató al tuyo". El País. Consultado o 2 de xuño de 2016. 
  2. "Cerrado el caso". El Tiempo (Colombia). 21 de agosto de 1993. Consultado o 20 de agosto de 2015. 
  3. Durán Durán, Wilson (31 de marzo de 1995). "Se fue Byron de El Barne". El Tiempo. Colombia. Consultado o 2 de xuño de 2016. 
  4. "Artículo del Nuevo Herald vuelve a relacionar a la familia Uribe con el narcotráfico". Caracol Radio. Colombia. 9 de decembro de 2007. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2007. Consultado o 2 de xuño de 2016. 
  5. "Zar anticorrupción dijo que renunció porque Gobierno le ocultó información sobre muerte de su padre". El Tiempo. Colombia. 14 de decembro de 2007. Consultado o 26 de marzo de 2022.