Saltar ao contido

Riad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRiad
الرياض (ar)
الخفجي (ar) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 24°39′N 46°43′L / 24.65, 46.71
EstadoArabia Saudita
ProvinciaProvincia de Riad Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Al-Bathaa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.009.100 (2022) Editar o valor en Wikidata (3.898,28 hab./km²)
Xeografía
Superficie1.798 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude612 m Editar o valor en Wikidata
Creaciónséculo XVIII Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11564–12665 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webriyadh.sa… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6073345

Riad[1] (en árabe الرياض ar-Riyāḍ, «Xardíns») é a capital e maior cidade de Arabia Saudita. Situada no centro da península arábiga, no medio dunha rexión semidesértica, tivo a súa orixe coma oasis en época preislámica, pero o seu desenvolvemento e importancia veu coa elección do lugar pola dinastía saud coma sede capital no 1824.

Despois de 1940, a riqueza xerada pola explotación das enormes reservas petrolíferas do país, ten convertido a súa capital nunha metrópole que se achega aos 4.600.000 de habitantes (2008 est.).

As tribos nativas de Tasm e Jadees tiñan un primitivo asentamento no lugar, Yamamah, un oasis con riqueza de acuíferos na metade dos desertos arábigos. Coa chegada da tribo dos Bani Hanifa floreceu unha vila no lugar co nome de Hajar (ou Hajr), pasando o de Yamamah a denominar a rexión.

Así Hajr al-Yamamah foi a capital da provincia central da península arábiga co advento dos califatos islámicos. Puido ter fortaleza e murallas, tamén canais, citados polo viaxeiro Ibn Battuta no século XIV cando xa estaba a declinar (perdera a capitalidade provincial no século IX en beneficio da próxima Al-Kharj). Semella que nos séculos seguintes o lugar disgregouse en varios asentamentos (os máis importantes Muqrin e Mikal, inda que conservou a denominación de Hajr).

Xerme de Riad

[editar | editar a fonte]

Nos séculos XVI e XVII comeza a aparecer o nome de Riad pero non foi ata 1737 cando Deham ibn Dawwas tomou o control da área arrodeando o conxunto de barrios cunha muralla e facendo así de Ar-Riyad unha vila.

Entre 1744 e 1774 resistiu os ataques dunha alianza liderada por Muhammad ibn Saud que finalmente se apoderou da rexión creando o Primeiro Estado Saudita con capital en Diriyah (15 km ao noroeste).

Capital saudita

[editar | editar a fonte]
Forte Masmak

O Imperio Otomán destruíu Diriyah en 1818 pero acto seguido, en 1823, Turki ibn Abdallah fundou o Segundo Estado Saudita baixo administración otomá, elixindo Riad coma nova capital. Erixiu a mesquita da vila e un pazo de goberno ademais de arrodeala cunha nova muralla [2].

En 1865 caeu no poder do clan rival dos Al Rashid de Ha'il (vila ao norte) que en 1891 remataron co Segundo Estado Saudita. Neste período foi construída a fortaleza al-Masmak no interior da vila (ao nordeste)[3][4].

En 1902 Abdulaziz ibn Saud tomou o forte Masmak reconquistando a cidade e dando comezo ao que en 1932 vaise constituír coma moderno reino de Arabia Saudita, do que Riad volveu ser elixida capital.

De vila tribal a metrópole

[editar | editar a fonte]
Vista satelital de Riad no século XXI.

Apenas unha vila tribal ata o século XX e aínda unha pequena cidade en 1935 (30.000 hab.), Riad tivo que enfrontarse á conformación dunha moderna urbe no medio do deserto [5]. A descuberta e explotación dos inmensos recursos petrolíferos do país axudou a unha das transformacións urbanas máis dramáticas do século pasado [6][7][8], no que a capital se converteu nunha metrópole de cinco millóns de habitantes que segue a crecer (agárdase que chegue aos dez millóns de habitantes no 2020).

  1. Castro Figueiras, Eva María; Rodríguez Ricart, María Cristina (2019). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Na universidade onde queiras pero en galego (PDF). ISBN 978-84-8158-827-9. 
  2. Planta esquemática de Riad no 1280 H (arredor de 1865); resaltados o Forte Masmak e á esquerda a praza central coa mesquita e o pazo de goberno de Turki Saud [1] Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  3. "Plano e fotos do Forte Masmak en Riad; Archnet". Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2012. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  4. "Perspectiva debuxada de Riad dentro de murallas co Forte Masmak". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2013. Consultado o 19 de xuño de 2013. 
  5. Vista satelital de Riad arredor de 1950 cos pazos reais sauditas ao norte; comparar coa imaxe actual mediante os meandros do wadi [2] Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  6. "Páxina con plantas e maquetas da Riad vella e o plan xeral de 1972". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 12 de marzo de 2016. 
  7. "Mapa dos primeiros desenvolvementos de Riad en trama reticular". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 27 de maio de 2012. 
  8. "Animación esquemática do desenvolvemento urbano de Riad, 1932-1997". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 19 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.