Saltar ao contido

Rhabdornis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rhabdornis é un xénero de aves paseriformes pertencente á familia Sturnidae. Son paxaros pequenos de hábitos máis parecidos aos dos páridos aínda que de aspecto similar aos cértidos. Rhabdornis foi situado nunha familia propia, Rhabdornithidae (Greenway, 1967) pero non foi aceptado por todas as autoridades, e ás veces foi incluído en Certhiidae ou en Timaliidae. Máis recentemente, Zuccon et al. 2006 sitúan a Rhabdornis nun clado máis basal na familia dos estorniños (Sturnidae).[1]

O xénero (e a familia Rhabdornithidae) é endémico de Filipinas. O grupo contén só tres especies. Non migran, só realizan movementos locais. Son de aparencia similar aos cértidos. Teñen peteiros de punta fina curvados cara a abaixo, que poden utilizar para extraer insectos entre a codia das árbores, mais tamén teñen linguas como cepillos, que lles permiten ademais alimentarse de néctar. Fan os niños nos ocos das árbores.

  1. Zuccon, Dario; Cibois, Anne; Pasquet, Eric & Ericson, Per G.P. (2006): Nuclear and mitochondrial sequence data reveal the major lineages of starlings, mynas and related taxa. Molecular Phylogenetics and Evolution 41(2): 333-344. doi: 10.1016/j.ympev.2006.05.007 (resumo HTML)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]