Regosol
Aparencia
Un regosol é, na Base de Referencia Mundial para os Recursos do Solo, un tipo de solo mineral moi pouco desenvolvido que se asenta sobre materiais non consolidados.
Son moi frecuentes en zonas erosionadas, en particular en áreas áridas ou semiáridas e en rexións montañosas, e en ocasións aparecen na paisaxe asociados a leptosois.
Os regosois ocupan aproximadamente uns 260 millóns de hectáreas de superficie terrestre, especialmente en zonas áridas do medio Oeste dos Estados Unidos, o norte de África, Oriente Medio e Australia.
En Galicia aparecen sobre todo como acumulacións de materiais edáficos ao longo das abas e en posicións de cambios de pendente, fundamentalmente en zonas de montaña que sufriron procesos de erosión, principalmente na última glaciación cuaternaria, e en terreos que padeceron procesos de deforestación sucesivos desde a Revolución neolítica.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Macías Vázquez, Felipe; Calvo de Anta, Rosa (2001). «Los suelos». Atlas de Galicia. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. pp. 173–217. ISBN 84-453-3088-8.
- IUSS Working Group WRB: World Reference Base for Soil Resources, fourth edition. International Union of Soil Sciences, Vienna 2022, ISBN 979-8-9862451-1-9. ([1]).
- IUSS Working Group WRB. (2015). Base referencial mundial del recurso suelo 2014, Actualización 2015 - Sistema internacional de clasificación de suelos para la nomenclatura de suelos y la creación de leyendas de mapas de suelos. (PDF). Informes sobre recursos mundiales de suelos No. 106. Roma: FAO. ISBN 978-92-5-108369-7.