Reformismo
O reformismo[1] é un movemento social que quere a transformación da sociedade mediante a introdución de reformas graduais e sucesivas na lexislación e nas institucións xa existentes a fin de tornalas máis igualitarias. Esa reforma distínguese dos movementos sociais máis radicais, como movementos revolucionarios.
Na segunda metade do século XX, fixéronse moitas críticas á ideoloxía defendida polos teóricos neo-malthusianos. Con bases nesas críticas, teóricos de países subdesenvolvidos elaboraron a teoría reformista que afirma que os problemas sociais non son o resultado do crecemento de poboación, mais si da falta de acceso de gran parte da poboación ás riquezas producidas.
As ideas reformistas están moitas veces baseadas no liberalismo,[2] aínda que poidan estar enraizadas en socialistas (especificamente, sociais democráticos)[3][4] ou conceptos relixiosos. Algunhas dependen da transformación persoal, e outras dependen de pequenas mudanzas colectivas, tales como a roda de fiar de Mahatma Gandhi e a economía da aldea auto-sustentábel, como un modo de mudanza social.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reformismo.
- ↑ Ian, Adams (1998). Manchester University Press, ed. Ideology and politics in Britain today. p. 54-55. ISBN 0-7190-5056-1.
- ↑ Sejersted and Adams and Daly, Francis and Madeleine and Richard (2011). Princeton University Press, ed. The Age of Social Democracy: Norway and Sweden in the Twentieth Century. ISBN 978-0691147741.
- ↑ Gandhi, Mohandas Karamchand (1990). Dover, ed. Autobiography: The story of my experiments with truth. Mineola, N.Y. p. 89. ISBN 0-486-24593-4.
- ↑ Haferkamp, Hans, and Neil J. Smelser, editors. "Social Change and Modernity." Berkeley: University of California Press, c1992 1991.